TUI
Unha plataforma elevadora no CEIP nº1 mellora a accesibilidade do centro
Investíronse 13 mil euros neste mecanismo de fondos municipais, mentres que a Xunta fíxose cargo da adaptación dos baños.
![[Img #31796]](upload/img/periodico/img_31796.jpg)
Esta semana entrou en funcionamento no CEIP nº1 de Tui unha plataforma elevadora nas escaleiras de acceso dende a planta baixa ao primeiro andar coa que o centro gaña en accesibilidade.
O Concello de Tui asumiu o investimento de 13 mil euros para a colocación deste dispositivo, logo de chegar a un acordo coa Xunta de Galicia polo que a administración autonómica fíxose cargo de adaptar os baños do centro e a administración local desta plataforma.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Ensino e Cultura, María José González, achegáronse onte pola mañá ao centro para comprobar o funcionamento desta plataforma que entrou en funcionamento o pasado luns logo de completarse o proceso de licitación e adxudicación.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou que dende o equipo de goberno están a valorar “instalar medidas de accesibilidade en todos os centros educativos do municipio” sinalando que nestes momento o que máis urxe é o de Guillarei “porque temos unha petición enriba da mesa xa que hai unha alumna deste colexio que pasará de ciclo o próximo curso e precisará acceder á planta superior do centro”.
A directora do CEIP nº1, Nuria Garabal, que acompañou ao alcalde e á concelleira de Ensino e Cultura na súa visita, xunto á secretaria María José Barros, explicou que o luns cando se puxo en marcha a plataforma elevadora foi unha festa para os alumnos xa que deste xeito o curso de 5º de primaria que tivera que ser desprazado provisionalmente a planta baixa do curso volve ocupar a súa aula Avalar que está totalmente dixitalizada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.118