CULTURA
A ópera galega ‘O Arame’ estrearase en xuño no Magdalen College de Oxford
Chega ao Reino Unido como unha coprodución entre o Centro John Rutherford de Estudos Galegos, o Queen’s College e XOGA.
A ópera galega ‘O Arame’ estrearase o vindeiro 10 de xuño no Magdalen College de Oxford, como coprodución entre o Centro John Rutherford de Estudos Galegos, dependente da Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Queen’s College da Universidade de Oxford e XOGA (Xove Ópera Galega-Galician Youth Opera).
A peza, da autoría de Juan Durán e de Manuel Lourenzo, constitúe o primeiro título operístico galego estreado no s. XXI
A peza, da autoría do compositor Juan Durán e do escritor Manuel Lourenzo, é o primeiro título operístico galego estreado no s. XXI no marco da programación de Amigos da Ópera na Coruña no ano 2008. Trátase dunha adaptación dunha obra de Lourenzo publicada en Camiñar polo arame cunha lata de cervexa (Laiovento, 2005) que conta a historia de dous cómicos que, xa vellos, regresan ao seu lugar de orixe, Fisterra, e cuestionan as súas traxectorias vitais.
Baixo a dirección musical de Tamara Lorenzo, impulsora de XOGA, e coa soprano Lorena Paz enriba das táboas, esta ópera de cámara nun só acto e de 75 minutos de duración busca combinar a lingua galega coa música e o movemento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56