Galicia
Dispositivo especial de seguridade no Camiño durante a Semana Santa
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentaron hoxe este operativo
![[Img #31828]](upload/img/periodico/img_31828.png)
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentaron hoxe en Portomarín o dispositivo especial de seguridade no Camiño para a Semana Santa. Este reforzo inscríbese no marco do convenio de colaboración subscrito entre o Ministerio do Interior e Turismo de Galicia, no que se inclúe tamén outro operativo especial para o verán.
A Policía Autonómica ten despregado un total de 16 patrullas ao longo de seis rutas (Camiño Francés, Portugués, Inglés, Fisterra-Muxía, Norte e Primitivo, e Vía da Prata). O seu labor de vixilancia fará especial fincapé, en colaboración con Patrimonio, no control de negocios ilegais. Este reforzo complementa o labor de protección que a Policía Autonómica desenvolve no Camiño ao longo de todo o ano. Proba deste traballo son os datos de 2016, durante o que se realizaron máis de 800 dispositivos relacionados con esta materia, con máis de 150 denuncias.
Pola súa banda, a Delegación de Goberno reforza o seu operativo de seguridade con motoristas da Garda Civil de Tráfico, do Seprona, cinco cabalos do escuadrón de cabalería da Garda Civil, e un xendarme francés que realizará patrullas mixtas e labores de seguridade cidadá.
Ademais, e tamén no marco do convenio entre Interior e a Axencia de Turismo, repartirase un ano máis material reflector aos peregrinos, como medida de prevención e concienciación. Este material estará dispoñible nos albergues de inicio de Camiño no Cebreiro, A Gudiña, Verín, Tui, Ribadeo, Padrón, A Fonsagrada e Sarria.
Esta iniciativa, que se basea na colaboración entre administracións para sumar medios e ser máis eficaces, ten como principal obxectivo garantir a seguridade de todos os peregrinos. Ao respecto, cómpre lembrar que o ano 2016 rematou cunha afluencia histórica de peregrinos, cun total de 277.854, un dato superior ao rexistrado no último Xacobeo de 2010.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184