SALVATERRA DE MIÑO
Salvaterra organizou o programa "A Saúde, o latexo da nosa vida"
![[Img #31849]](upload/img/periodico/img_31849.jpg)
Con motivo da conmemoración do Día Mundial da Saúde o Concello de Salvaterra de Miño organizou o domingo 9 de abril a 1ª Xornada “A Saúde, o latexo da nosa vida”, na Praza do Concello, unha xornada totalmente gratuíta e aberta a tódolos públicos.
As 10 da mañá abríronse os obradoiros onde diferentes profesionais formaron aos asistentes. Con dous obradoiros de reanimación cardiopulmonar, un en adultos e outro en nenos e en bebés, onde se ensinou as pautas de actuación ante unha parada cardíaca e o protocolo de reanimación, realizando unha parte práctica con bonecos de reanimación. Tivemos outro obradoiro onde se abordou como responder ante un atragantamento, mostrando como desostruír a vía aérea e as manobras a realizar, diferenciando por idades, e explicouse que é e para que se utiliza a Posición Lateral de Seguridade. Ademais informouse das actuacións que se deben realizar ante un incidente ou accidente de alcance sanitario, que hai que realizar antes da chegada dos profesionais sanitarios e explicousenos como funcionan os teléfonos de emerxencias, como chamar, como aportar información do lugar, información do sucedido, como axudar ás equipas de emerxencia a atopar o lugar, que facer ou preparar mentres esperamos. Os asistentes visitaron o interior dunha ambulancia, o interior do Bus de formación do Grupo Ambuiberica e os membros de Escudería Surco ensinaronnos como se realizan os primeiros auxilios en automobilismo de competición.
Para os máis cativos realizouse un obradoiro de debuxo e unha xincana de reanimación cardiopulmonar, onde se examinaron as habilidades aprendidas polos rapaces á hora de identificar a unha persoa inconsciente, en parada cardiorespiratoria, a solicitude de axuda e as manobras de reanimación.
Durante toda a xornada os asistentes puideronn comprobar a súa tensión arterial e o nivel de azucre.
O Concello quere agradecer a colaboración de todos os profesionais, asociacións e particulares que fixeron posible esta xornada, como Protección Civil de Redondela, A Academia Galega de Seguridade Pública, O Grupo ambuiberica, O Centro de Formación Virgen de San Lorenzo, A Asociación de Técnicos de Emerxencias Sanitarias e Xestores de Emerxencias de Galicia e Escudería Surco

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60