MOS
Os nenos mosenses aprenden a facer a compra aplicando as matemáticas na vida real
Alumnos de 5º de Primaria participaron no supermercado Eroski de Sanguiñeda na actividade ‘Mates no teu Súper’.
![[Img #31859]](upload/img/periodico/img_31859.jpg)
Os alumnos/as de quinto curso de Educación Primaria dos colexios mosenses de Petelos, Pena de Francia, Atín, e Mestre Martínez Alonso realizaron a semana pasada no supermercado Eroski da Avenida de Sanguiñeda a actividade ‘Mates no teu Súper’.
Recibiron durante o desenvolvemento desta iniciativa a visita da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e da concelleira de Educación e Participación Cidadá que lles explicaron aos rapaces que “as matemáticas están presentes na nosa vida e forman parte, case sen darnos conta, do noso día a día. A importancia que teñen para nós e visible cando vamos á compra, cando temos que calcular as racións dunha pizza nunha cea, cando pensamos en comprar un agasallo e temos que calcular cantos imos ser e canto nos queremos gastar, etc.”
Tendo en conta que para moitos dos alumnos as matemáticas son aburridas, non lle gustan e non lle parecen útiles para o futuro, dende a concellería de Educación quíxose organizar esta actividade para os alumnos de 5º de primaria, unha actividade lúdica que compaxina as matemáticas e a diversión, durante a que acaban decatándose do importante que son as mates para a vida.
Deste xeito, grazas á iniciativa do grupo Vegalsa-Eroski, que leva a cabo este programa nos seus supermercados, realízase esta actividade que conxuga a importancia das matemáticas co xogo, escenificando un contexto onde os/as alumnos/as integran as matemáticas na vida real, facéndoas máis cercanas, útiles, divertidas que no contexto nas que as estudan sempre.
Os obxectivos desta iniciativa son a aplicación correcta de las matemáticas tanto no ámbito da vida diaria como no entorno da escola, poñer en práctica as habilidades aprendidas, dando sentido ós contidos matemáticos e coñecendo a súa aplicación e funcionalidade, entender o mundo que nos rodea a través das matemáticas, aprender de forma diferente, potenciando a argumentación e o razoamento, manexar prezos e cantidades reais, fomentar o traballo en equipo, analizar, comparar, aplicar, calcular e medir, fortalecer o pensamento lóxico e abstracto, a operación mental, motivar ós alumnos a través dunha experiencia real e práctica e proporcionar “vitaminas matemáticas”.
Durante a actividade ‘Mates no teu Súper’ trabállase dunha forma interactiva e lúdica, os seguintes conceptos: números naturais e decimais, fraccións, porcentaxes, recollida e organización da información e estimación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21