Viernes, 14 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 13 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
AS NEVES

Andaina “Descubrindo Cerdeira, orixes do Requeixo e do mel” e concerto de Malvela nas Neves

No día previo a Feria do Requeixo e Mel andaina e concerto.

Dentro das numerosas actividades que se están levando a cabo con motivo de XXVI Feira do Requeixo e do mel este xoves de semana santa vai ter lugar unhaandaina pola parroquia de Cerdeira.Dentro das numerosas actividades que se están levando a cabo con motivo da  andaina pola parroquia de Cerdeira.

 

Esta andaina ten como punto de partida o torreiro das festas as 16:30 e percorrerá esta parroquia onde dende a asociación Sanomedio e os veciños da parroquia irán desvelando os orixes do Requeixo e do Mel. Para elo faranse pequenas paradas onde se ensinarán os cortizos que se usan para a mel e curiosidades da parroquia como a existencia dun cruceiro e peto de ánimas onde se colgan espigas.

 

As produtoras familiares do requeixo tamén lles irán contando aos asistentes como elaboran o afamado requeixo e como era a vida nesta parroquia. Xa que no ano 1991 baixaron as mulleres de Cerdeira e Batalláns a vender o requeixo e ás 11.30 horas xa non quedaba nada, ese foi o primeiro grande éxito. Este é o orixe desta festa.

 

Estas mulleres dende cativas aprenderon a elaborar requeixo das mans das súas aboas e acostumadas a baixar todos os venres a vender o requeixo, é o día do mercado, decidiron baixar tamén o Venres Santo a vendelo pero en vez de vendelo no mercado decidiron vendelo na praza. Elas non se lembran cando empezaron a baixar a vender o requeixo pois era algo habitual facelo dende cativas coas súas nais ao igual que o fixeran antes as súas nais coas súas aboas.

 

Historias da vida desta parroquia que os asistentes poderán escoltar e o rematar a andaina poderán gozar do requeixo e da mel mediante unha degustación. A andaina ten una dificultade sinxela o que fai apta tanto para cativos como para adultos tendo unha duración aproximada de 3 horas. No teléfono 616992177 ou no mail festadotinto@gmail.com podese pedir máis información.

 

O rematar a andaina no auditorio celebrarase o concerto de Malvela as 21:00 horas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.