Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 15 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Deputación aproba unha proposta para incorporar catro novos proxectos ao viveiro de Barro-Meis

O viveiro de Barro-Meis ten unha ocupación total do 70% dos espazos dispoñibles.

A Comisión de Selección para a adxudicación de espazos nos viveiros de empresas de Barro-Meis e de Lalín da Deputación de Pontevedra acordou propor a incorporación de catro novas empresas no viveiro de empresas de Barro-Meis, propiedade da institución provincial. Dentro da orde do día da Comisión de Selección, que foi presidida polo Deputado de Economía, Facenda e Réxime Interior, Carlos López Font, e na que tamén estivo presente a Deputada provincial Eva Vilaverde, o primeiro punto foi o estudo e avaliación das solicitudes presentadas para a cesión de uso de espazos nestas instalacións da institución provincial, que unha vez sexan aprobadas e se proceda á cesión de espazos, pasarán a ocupar un total de dúas naves e dúas oficinas.

 

Deste xeito, a Comisión de Selección valorou os seguintes proxectos: en primeiro lugar, unha empresa de transporte e distribución por estrada de mercadoría perecedoira (Jorge Fontán Carballo), en segundo lugar unha empresa dedicada á prestación de servizos técnicos de enxeñaría e de asesoramento e monitorización de cultivos mediante RPAs xeorreferenciadas (Alejandro Ramón Rodríguez Plesky), en terceiro lugar unha empresas dedicada á elaboración de semiconservas artesás mediante procesos de salgado e afumado (Antonio González Barreiro) e, por último, unha empresa dedicada aos servizos de asesoramento e organización de eventos para empresas e particulares (Ana Isabel García Navarro).

 

Ademais, a Comisión de Selección tamén aprobou as propostas de prórroga da cesión de uso de espazos dos viveiros de cinco proxectos, catro instalados no viveiro de Barro-Meis e outro máis no de Lalín, durante un ano. Trátase dos proxectos adxudicados a Coperfruit, S.L., Jorge Fontán Carballo, Certivedra Rehabilitación, C.B. e Avelino Tourís Fajardo en Barro-Meis e, por último, Stoutic Computing Technologies, S.L. en Lalín.

 

O viveiro de empresas de Barro-Meis conta con 16 naves, 24 oficinas e 3 espazos de coworking con capacidade para 12 postos de traballo. As taxas de ocupación do viveiro son do 87,5% no caso das naves (con unicamente 2 libres) e do 58,3% en canto ás oficinas (con 14 das 24 ocupadas ou comprometidas), isto é, unha ocupación do 70% dos espazos dispoñibles.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.