Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 17 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra pon á disposición do tecido asociativo do deporte a ferramenta “Depo Informa”

Esta medida contémplase dentro do Plan Estratéxico do Deporte 2017-2020 que aprobou a institución provincial o pasado mes de marzo.

[Img #31938]

 

A Deputación de Pontevedra vén de poñer en funcionamento unha nova ferramenta, dispoñible na súa páxina web, baixo o nome de “Depo Informa”. Trátase dunha base de datos de clubs deportivos, a través da cal todas as entidades deportivas poderán transmitir e dispoñer de información en tempo real de asuntos de grande interese para o fomento do tecido asociativo deportivo, temas como, entre outros, liñas de axudas e subvencións.

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, remitiu nos últimos días unha serie de cartas destinadas ás asociacións, clubs e demais entidades que se poderán beneficiar da ferramenta “Depo Informa”. Esta ferramenta ten como obxectivo, ademais, fomentar e facilitar as súas relacións administrativas coa Deputación de Pontevedra.

 

Esta é unha das iniciativas contempladas no Plan Estratéxico do Deporte 2017-2020, no que xa se formulaba a posta en marcha dunha ferramenta 3.0 aberta a todas as entidades e que tería como finalidade mellorar a xestión do deporte na provincia de Pontevedra. Deste xeito, “Depo Informa” nace como un centro de consulta e información dixital, un novo mecanismo de comunicación no que poder contar cunha ampla variedade de información de interese.

 

As entidades interesadas poderán inscribirse cubrindo o formulario de adhesión que se pode atopar nesta ligazón.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.