Lunes, 19 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 17 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
Provincia

O “Estado de Malestar” e a sanidade como negocio, centran a primeira xornada da Semana de Filosofía

Luis Pardo achaca o “malestar xeral” ao desprestixo do Estado de Benestar, previo xa á crise económica, que fomenta dinámicas de enfrontamento social

A XXIV Semana Galega de Filosofía ‘Filosofía e Saúde’ botou a andar esta mañá cun acto de apertura previo á intervención do  catedrático de Filosofía da Universidade Complutense de Madrid, José Luis Pardo.

 

Ao mesmo asistiron o Alcalde de Pontevedra, Miguel  Anxo Ferández Lores, Ana Regueira en representación da Aula Castelao, Alberto Lastres Couto, do Ilustre Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra, Xosé Leal, deputado provincial de Cultura, Manuel Morquecho, da Vicerritoría do Campus de Pontevedra e a directora do Parador de Pontevedra, Meritxell Marcos.

 

Na súa intervención, Ana Regueira xustificou a escolla da saúde como tema central desta edición en catro puntos: ‘A revolución histórico-filosófica do concepto de saúde’, ‘as implicacións políticas e económicas da saúde’ analizando como conciben a saúde os diferentes sistemas polítcos, ‘saúde, cultura e sociedade’ atendendo ata que punto é a saúde un constructo cultural e ‘saúde, traballo e vida tecnolóxica’, analizando como os ritmos e condicións de traballo afectan á saúde física e psicilóxica tanto individual como socialmente. Logo de agradecer enormemente ás institucións que fan posible a celebración da Semana Galega de Filosofía – Concello de Pontevedra, Xunta de Galicia, Univerisade de Vigo, Deputación de Pontevedra, Parador de Pontevedra, Ilustre Colexio Provincial de Avogados e o Instituto Valle Inclán – e “máis aínda se falamos dun congreso de filosofía, pois o pensamento e algo superfluo e prescindible, que non reporta réditos políticos, estorba e pode desacougar”, aos relatores, asistentes, a aqueles que aportaron comunicacións e aos compañeiros da Aula Castelao, rematou citando a Epicuro para resumir a razón de ser desta XXXIV Semana Galega de Filosofía: ”Que ninguén mentres sexa xoven se mostre remiso en filosofar nin, ao chegar a vello, de filosofar se cansa. Pois, para acadar a saúde da alma, nunca se é nin demasiado vello nin demasiado novo”.

 

Nas súas quedas de palabra os restantes convidados destacaron a importancia da filosofía na educación, a política e á hora de denfender diferentes dereitos.

 

O catedrático de Filosofía na Universidade Complutense de Madrid José Luis Pardo, dirixe actualmente o ‘Proxecto de Investigación Inactualidad del hombre y actualidad del humanismo’.  Para el, tentar respostar que é a saúde é unha pregunta abusiva, equivocada e inxusta, xa que esa abstración semella ás preguntas que Sócrates facía aos seus interlocutores. A xente busca unha resposta en términos universais, o que teñen en común a saúde social, física e psícolóxia, a de tempos pasados e a actual, para que a todas lle chamemos saúde. Moitos son os males que afectan á sociedade actual en diferentes aspectos e recorremos á política para tratar de aliviar as enfermedades sociais. O Estado de Benestar nace logo da II Guerra Mundial, un dos momentos de maior “enfermidade”, a máis grave que coñece a sociedade, a guerra, devastadora, mortífera e ese Estado de Saúde Pública non significa a ausencia de toda enfermidade social.  Non é que non houbera malestar pero había o proxecto de tratar políticamente ese malestar e situar como prioridade a disminución da desigualdade social. Ese acordó de paz social remite ao fundamento de política moderna: Hombres libres, que deciden darse a si mesmos a lei, a menciña, porque saben que están enfermos. Establecen dereitos e deberes ou castigos que cumprir para quen non a cumpla. O “Estado de Malestar” actual ven do desprestixio do Estado de Benestar, que asociamos á crise ecoómica pero que ben de antes, e fomenta dinámicas de enfrontamento social moi perxudiciais. E preciso un exercicio de responsabilidade non só dos políticos senón da cidadanía en xeral para repartir non só a riqueza senón a pobreza.

 

Tras o descanso, a tarde reiniciou a súa actividade cara ás 16:45 horas coa lectura, da man de Juan Carlos Fernández Naveiro - membro da Aula Castelao e Presidente da Asociación Doxa de filosofía con sede en Lugo – dun manifestó a favor da Filosofía, asinado polo Grupo DOXA, Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, Grupo Nexos de filosofía, SOGAFI, Grupo de Filosofía de Vigo, Aula de Filosofía Ferrolterra, Aula Castelao de Filosofía. O grupo de Filosofía de Vigo, representado por Jorge Álvarez, presentou unha iniciativa popular lexislativa “non só como unha cuestión dos profesores de filosfía, senón da sociedade que ten dereito a decidir se quere só a parte tecnociencífica ou tamén filosofíca. Non resta, senón que consolida o que se aprende en distita materias. Unha consciencia máis global”

 

A continuación chegou o turno da intervención de Pablo Vaamonde quen hai pouco afirmaba sobre a súa profesión que “ser médico é unha das mellores cousasa que se pode ser nesta vida”. Iniciou a súa intervención partindo da defición de saúde da OMS: estado de completobenesfar físico, mental e social e non só a ausencia de afeccións ou enfermidades para acabar afirmado que a perfección, na saúde como na vida é inalcanzable. Crea expectativas na poboación e actualmente temos unha vida   medicalizada, pese a que nunca vivimos tan ben como hoxe e día –e nunca nos sentimos tan mal. As empresas da tecno estructura sanitaria e xeran frustacións. Todos somos preenfermos, intolerancia ao desconfort, á dor, etc. e vivimos atenazados polo medo a enfermar. Convertemos en problemas médicos a calvicie, a timidez, agora son alopecia e disfunción social e nos venden fármacos. Crisis vitais como o crecemento, adolesncencia, separación, a perda dun familiar… todo eso son cuestión que convertemos en procesos depresivos que “hai que tratar”. Sufrimos un exceso diagnóstico. Nenos a tratamento por ser inquedos cando é o normal.

 

Para falar da situación da muller en cuestión de saúde, citou o libro ‘El encarnizamiento médico con las mujeres’ de Juan Gervás e Mercedes Pérez-Fernández: que afirma que están sendo sometidas a intervencións medico-sanitarias francamente cuestionables. O embarazo non é unha doenza e actualmente os protocolos establecen 18 contactos médicos de seguemento nun embarazo normal. A menopausia tampo é unha enfermidade .

 

As tecno-estructura sanitaria, atribúense a facultade de curar todo, todo é curable. Incluso mesmo de burlar a morte. Deberíamos er exquisitos nos tratamentos preventivos xa que moitas veces provocan danos en lugar de beneficios presentando o concepto de iatroxenia: dano prolongado polo exceso de diagnósticos, Actualmente os fármacos son a 3º causa de morte logo das cardiopatías conxénitas e cancro.

 

Segundo Vaamonde, a saúde é a capacidade de ir superando os inconvenientes da vida ratou a súa intervención. Estamos nun momento de expropiación de dereitos que considerábamos consolidados A sanidade pública é sustentable se a política a quere sustentar, e funciona moito mellor que a privada.. A saúde é un dereito das persoas pero temos uns gobernantes que pensan que pode ser un nicho de negocio.

 

Para completar esta últimas afirmacións foi deceisiva a intervención de Manuel Martín García, voceiro de SOS Sanidade Pública que achegou datos coma os 27.400€ en recortes acumulados nos últimos anos - soportados na maior parte polas Comunidades Autónomas – e pese a o que hai un incremento do 43% na débeda pública. 18000 millones de € de incremento precio medicamentos, aumento do pago directo por persoa en 93€ polo que un 23% de pensionistas non retiran a medicación ao non ter capacidade económica.

 

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.