Porriño
O PP lamenta “a falta de compromiso do goberno municipal co emprego”
Os populares solicitan á coalición PSOE-UDDL que de maneira inmediata poña en marcha plans de emprego que definan as actuacións para levar a cabo para favorecer a empregabilidade, apoiar a contratación e fomentar o emprendemento, así como os correspondentes plans formativos
O Partido Popular do Porriño lamenta o "nulo compromiso do Goberno Municipal co emprego e a súa manifesta falta de traballo neste campo".
"O Porriño pechaba marzo sumando 45 veciños ás listas de demandantes de emprego, sendo, xunto con Villagarcía, os únicos municipios galegos en que aumentaba o desemprego" explican nun comunicado.
"Desde que ostentan a alcaldía, a coalición PSOE-UDDL demostrou unha evidente pasividade e falta de iniciativa en materia de emprego e formación que ocultaron valéndose dos froitos que recolleron grazas á xestión do anterior Goberno Municipal do Partido Popular. Unha liña de traballo baleira que atende máis a intereses partidistas que á defensa do interese dos veciños e veciñas do Porriño e que non pode sosterse por máis tempo".
Neste contexto, os populares piden "á coalición PSOE-UDDL que de maneira inmediata poña en marcha plans de emprego que definan e planifiquen as actuacións para levar a cabo dirixidas a favorecer a empregabilidade, apoiar a contratación, e fomentar o emprendemento, así como os correspondentes plans formativos”, manifesta M. Alejandro Lorenzo.
Nun comunicado din que "o Concello do Porriño non dispón neste momento dunha 'folla de ruta' a seguir en materia de emprego. Desde o Partido Popular solicitan que se poñan en marcha iniciativas que levaron a cabo en anos anteriores de demostrada eficacia na loita contra o desemprego como as axudas a emprendedores, bonificacións a empresas por contratar a persoas desempregadas, a aula de procura activa de emprego ou os cursos formativos financiados polo propio Concello que viñan desenvolvendose de maneira contínua nos últimos anos".
Neste sentido, Lorenzo considera "esencial marcar obxectivos e liñas de traballo que revertan esta falta de compromiso e apunta que “reducir a taxa de desemprego en Porriño foi, e continúa sendo, unha das nosas máximas prioridades e así debería selo para o Goberno Municipal”. O edil insiste na necesidade de “non escatimar esforzos e traballar para lograr a inserción laboral das persoas desempregadas do municipio, impulsar accións para mellorar a súa formación e cualificación, fomentar o autoemprego así como facilitar e promover a colaboración entre os distintos axentes económicos do Concello”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.17