Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 18 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Reparto de rosais para potenciar o cultivo da rosa en Mos

Un experto explícalle aos usuarios das asociacións como prantalos e coidalos.

[Img #31964]

 

Ao longo de todo o presente mes de abril a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira mosense de Cultura, Sara Cebreiro, a edil de Participación Cidadá, Kely Monzón, e o enxeñeiro agrónomo alemán e botánico experto en rosas, Oliver Weiss, están a visitar as asociacións do municipio nas que se imparten cursos do programa Tempo de Lecer para facerlle entrega aos seus alumnos e alumnas dun agasallo moi especial, un rosal para prantar nos seus domicilios.


O obxectivo desta iniciativa, enmarcada dentro das accións de promoción de Mos como ‘A Rosa do Camiño’ (de Santiago) e dos preparativos de cara á vindeira celebración da Festa da Rosa no mes de xuño, é, segundo explicaron Arévalo e Cebreiro, o de “fomentar a rosa, que é o símbolo do noso Concello e emblema do escudo municipal, recuperar a prantación e cultivo de rosais que había antano nas fincas das vivendas de Mos e potenciar a participación no Concurso de Rosas da Festa da Rosa dos próximos anos”.

 

 

 

 

A iniciativa persegue os obxectivos de potenciar a imaxe ‘Mos, A Rosa do Camiño’ e de fomentar a participación no Concurso de Rosas da Festa da Rosa dos próximos anos

 

 

 


Durante o reparto de rosais nas asociacións Oliver Weiss dálle aos presentes unha breve explicación da prantación e dos coidados necesarios durante os primeiros días para os rosais. Indicacións que se completarán nunha charla que el mesmo dará a finais deste mes no Pazo de Mos e na que explicará en profundidade as técnicas para o cultivo e coidado dos rosais e resolverá dudas ao respecto. A conferencia estará aberta á participación de todas as persoas que queiran coñecer mellor o fascinante mundo dos rosais e da súa flor, a rosa.
En total o Concello de Mos repartirá 300 rosais entre os usuarios dos 17 cursos que se imparten en diferentes asociacións mosenses. Ata o de agora o reparto realizouse en 7 destas asociacións.


Dende a administración local mosense decidiuse facerlle entrega dos exemplares de rosal aos participantes nos cursos de Tempo de Lecer “para premiar a súa implicación cos programas municipais e a súa participación no movemento asociativo, así como debido á relación coa xardinería dalgúns dos cursos impartidos nas asociacións entre os que se atopan os de disciplinas coma a poda, a arte floral.., etc.” declararon a rexedora local e a edil de Cultura.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.