Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 19 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

III Xornadas de Educación Vial en Salceda

[Img #31976]As Concellarías de Tráfico e Ensino, ven de poñer en marcha a cuarta edición das Xornadas de Educación Vial, en colaboración coa DXT, que se iniciou hoxe martes 18 de abril. Tralo éxito acadado volven repetirse neste ano 2017. As xornadas están dirixidas aos escolares do municipio de Educación Infantil e de 1º a 4º de Educación Primaria, que reciben formación teórica e práctica en materias de educación vial. Na parte teórica ofréceselle ao alumnado unha sesión sobre os principais conceptos de seguridade infantil.

 

Unha vez rematada a charla, os alumnos e as alumnas acceden a un circuito no que poñen en práctica os conceptos adquiridos na formación teórica. O circuito está dirixido polos membros da Policía Local de Salceda, que lles dan aos cativos as instruccións precisas para unha correcta circulación pola vía pública, tanto dende o punto de vista dos conductores como dos peóns.

 

Arredor de 700 escolares pasarán polas xornadas, que se extenderán ata o mércores 26 de abril. O obxectivo das xornadas é a concienciación dos máis pequenos, como unha importante vía para chegar aos pais e nais, en todo o relacionado coas boas prácticas nas vías públicas. Os nenos e nenas reciben ademáis agasallos conmemorativos do seu paso polas xornadas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.