Mos
A Deputación de Pontevedra destina 128.000 € para novos investimentos en Mos
A achega, enmarcada na liña 1 do Plan Concellos 2017 permitirá mellorar a baixada a Bos Aires, a estrada das Baloutas e o Camiño da Zapateira
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha nova concesión de subvención, ao abeiro da liña 1 de investimentos do Plan Concellos 2017, por valor de 127.950,65 € para que o concello de Mos poida realizar investimentos na baixada a Bos Aires, na estrada das Baloutas e no Camiño da Zapateira.
O concello de Mos estase a beneficiar de 493.206,32 € correspondentes ás achegas xa aprobadas ata o momento ao abeiro do Plan Concellos 2017. En total Mos recibirá 939.278,39 € do plan este ano, case un 6% máis que o ano anterior, dos cales, o 52,51% xa están aprobados.
O deputado de Cooperación, David Regades, manifestou "o desexo do goberno provincial para que este ano o concello de Mos invista todos os recursos tendo en conta que as achegas do Plan Concellos 2016 non as aproveitou na súa totalidade". En concreto Regades mencionou que, na liña de emprego, Mos recibiu o pasado ano unha subvención de 191.805,28 € para a contratación de 20 persoas pero o custo real da actuación, "segundo se desprende da propia certificación achegada por Mos, foi de 184.740,38 €, é dicir, desperdiciaron 7.074,90 €, o que amosa a escasa sensibilidade da alcaldesa de Mos que prefire rexeitar as achegas da Deputación antes que destinalas a empregar ás súas veciñas e veciños".
David Regades recordou tamén que, ata o momento, a Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar concesións, no marco da liña 1 do Plan Concellos 2017, para que os municipios de Arbo, Barro, Fornelos de Montes, Marín, Meaño, Mos, Nigrán, Portas, Salvaterra de Miño e Silleda poidan levar a cabo investimentos nos seus núcleos de poboación por valor de 2.071.135,11 €. "Grazas a esta liña 1 do Plan Concellos –manifestou o deputado- as vilas e pobos da nosa provincia poden levar a cabo investimentos que permiten dotar de infraestruturas, en moitas ocasións básicas, para garantir a calidade de vida das veciñas e veciños dos concellos da nosa provincia".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149