Logo de restaurala coa súa cabeza orixinal
O Museo de Pontevedra incorpora unha escultura da Virxe do Leite do século XV
A figura foi doada pola familia Núñez Sobrino cunha testa que non lle correspondía e o persoal técnico do Museo descubriu que a auténtica estaba entre os fondos provinciais desde 1964
![[Img #31989]](upload/img/periodico/img_31989.jpg)
O deputado de Cultura, Xosé Leal, presentou recentemente no Museo de Pontevedra a escultura dunha Virxe do Leite do século XV que vén de incorporarse ás salas de exhibición e que ten unha curiosa singularidade: chegou cunha cabeza que non lle correspondía e finalmente foi restaurada coa orixinal logo de que o persoal técnico do Museo descubriu que estaba entre os fondos provinciais.
Leal, xunto co director do Museo, Carlos Valle, agradeceu a doazón da familia Núñez Sobrino e indicou que o Museo "segue a ser unha referencia para as persoas que queren doar a súa obra xa non só en relación á parte expositiva, senón tamén en canto á restauración". Sinalou que o persoal técnico do Museo é do máis competente do estado, por non dicir do Mundo" e subliñou, en relación ao traballo concreto coa Virxe do Leite, que se fixo "unha restauración histórica,que permitiu "que ao final as cousas volveran ao seu sitio".
Pola súa parte, o representante da familia doadora, Ángel Núñez Sobrino, asegurou hoxe que para el é unha "auténtica marabilla" ver incorporada ao Museo de Pontevedra unha peza tan vencellada á súa familia. Núñez Sobrino explicou que a Virxe do Leite provén da parcela familiar da Caeira: "Meus irmáns, un curmá e mais eu xogabamos preto destas pezas. Chamábanos a atención non só a Virxe, senón tamén o par de capiteis que a acompañaban. No ano 1968 cando se vendeu esa parcela houbo vontade de que as tres pezas, que me gustaban de xeito instintivo con só 13 anos, fosen a outra parcela preto de Santiago, en Cequeril, ata hai uns anos, cando chegaron ata este fabuloso Museo".
Orixe no convento de San Domingos
Finalmente, o director do Museo, Carlos Valle explicou que a peza da Virxe do leite está realizada en granito e está datada no último cuarto do século XV "froito do traballo dun escultor cuxas formulacións estilísticas están ben acreditadas tanto na cidade de Pontevedra, no convento de San Domingos, de onde verosimilmente procede, como noutros lugares da provincia".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.106