Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 21 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Catro alumnos e unha alumna do programa “Practicum Depo” trasladan a súa formación práctica a empresas de Italia e Portugal

Trátase do segundo grupo de mozos e mozas de formación profesional de institutos da provincia aos que a Deputación financia a súa estancia no estranxeiro.

[Img #32026]

 

Catro  alumnos e unha alumna de institutos de Formación Profesional da provincia  partirán a comenzos de maio a Italia e Portugal para  desenvolver as súas prácticas en empresas de ambos países dentro do proxecto “Practicum Depo-Erasmus+”. Hoxe desenvolveron unha xornada formativa na Deputación de Pontevedra para coñecer todas as necesidades dos seus viaxes e as estancias en ambos países europeos.


En concreto estes cinco alumnos son dous do  IES Chan do Monte, que van a  Italia ; un do alumno del IES Plurilingüe de Turonio, con destino a Italia; unha  alumna do  IES Ricardo Mella, tamén a Italia; e o último dos  alumnos  é do IES de Rodeira, con destino a  Portugal. Son das especialidades Sistemas Microinformáticos e Redes, Actividades Físico Deportivas no Medio Natural, Emerxencias Sanitarias, e  Instalacións de comunicacións.

 

“Practicum Depo” permitirá que en total este ano 2017 sexan 101 alumnas e alumnos e outras 5 persoas docentes de Formación Profesional de grao medio as que se despracen arredor do continente. Precisamente é a mobilidade do profesorado unha das maiores novidades desta edición do “Practicum Depo”, coa que estes cinco profesores e profesoras (do IES Chan do Monte en Marín, o IES Salvaterra de Miño, o IES Pintor Colmeiro de Silleda e o IES Ricardo Mella mailo Centro de Artes Plásticas e Deseño Atlántico de Vigo), que se desprazarán ata a Alemaña, Finlandia, Irlanda, Italia e Malta, realizarán tarefas de “job shadowing”, isto é, desprazarse ata diversas empresas para coñecer os métodos e procedementos que realizan para desenvolver as prácticas do seu alumnado.

 

Tras a partida do profesorado quedará outra mobilidade de 75 alumnos e alumnas que partirán no mes de setembro. Xa no mes de xaneiro outros 22 alumnos e alumnas de institutos da provincia participaron na primeira mobilidade do proxecto “Practicum Depo”.

 

O programa europeo “Erasmus+” ten por obxectivo que os e as participantes adquiran novos contidos relacionados coa súa profesión, coñecendo á vez a cultura do país de destino e mellorando o dominio de linguas estranxeiras, ademais de poder detectar oportunidades de emprego e, en definitiva, complementar os seus coñecementos. A primeira edición de “Practicum Depo”, desenvolvida durante o ano 2016, contou coa participación de 123 alumnos e alumnas procedentes de 18 centros educativos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.