Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 20 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán non solicitou a Patrimonio a autorización para as obras da traída da parroquia de Parada

A Xunta de Galicia non lle consta a solicitude dos permisos esixidos pola lei ao atoparse a construción preto dun xacemento prehistórico.

A Xunta de Galicia non lle consta a solicitude dos permisos esixidos para as obras de construción da traída da parroquia de Parada en Nigrán, cuxa instalación se iniciou malia non contar coa autorización pertinente.

 

O Concello de Nigrán non solicitou á Dirección Xeral de Patrimonio autorización para o inicio das obras, o que supón o incumprimento da normativa legal vixente, ao atoparse a construción preto dun xacemento prehistórico, e sen que poda considerarse tal a presentación dun proxecto de control e sondaxes previas.

 

O Goberno galego asegura que "non pode tramitar o expediente mentres non o reciba do Concello de Nigrán. De xeito que o inicio e paralización das devanditas obras son responsabilidade exclusiva da administración local, xa que non cumprimentou os trámites legais que lle correspondían".     

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.