Miércoles, 21 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 23 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
Ponteareas

O Pleno solicita a declaración de Ben de Interese Cultural para igrexa de Angoares e a Festa do Corpus

[Img #32034]

 

O Pleno da Corporación Municipal de Ponteareas aprobou esta semanaunha iniciativa da concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, pola que se solicita á Xunta de Galicia a incoación do procedemento para declarar, a Igrexa de San Pedro de Angoares, como Ben de Interese Cultural (BIC) coa categoría de Monumento e a mesma consideración para as Alfombras de Flores de Ponteareas na categoría de Inmaterial.

Alfombras florais do Corpus Christi

Documentadas cando menos dende o século XVII, as alfombras florais de Ponteareas que se confeccionan na Festa co Corpus Christi son un dos sinais de identidade do municipio polo que, logo da súa declaración como Festa de Interese Turístico (1968), poucos anos despois de Interes Turístico Nacional e finalmente Festa de Interese Turístico Internacional (2009) o Concello de Ponteareas busca a súa declaración e protección como Ben de Interese Cultural Inmaterial.

A concelleira de Cultura e Turismo, Hortensia Bautista, na iniciativa presentada onte ao Pleno da Corporación, recalcaba o feito que, logo de más dun século e medio de celebración, a Festa do Corpus de Ponteareas “segue a conservar a súa principal característica, como é o labor colectivo de toda a veciñanza e a transmisión dunha sabedoría secular”.

Segundo a concelleira, a catalogación das alfombras do Corpus de Ponteareas como BIC Inmaterial “estarían non só garantindo a súa protección, senón recoñecendo a súa extraordinaria importancia como sinal de identidade dun pobo”. Subliña Hortensia Bautista que a propia Lei de Patrimonio de Galicia, ao amparo da que se pide esta declaración de BIC Inmaterial, sinala que o seu fin é “a protección, conservación, acrecentamento, difusión e fomento do patrimonio cultural de Galicia” e deixa claro que o dito patrimonio “está constituído polos bens mobles, inmobles ou manifestacións inmateriais que polo seu valor artístico (...) deban ser considerados como de interese para a permanencia, recoñecemento e identidade da cultura galega a través do tempo”.

Se hai unha celebración que cumpre ao pé da letra ditos requisitos, non dubida en afirmar Hortensia Bautista, estas son as alfombras da Festa do Corpus que son “unha mostra de traballo colectivo de todo un pobo na procura dun obxectivo común dende hai máis de 150 anos”.

 

Igrexa de San Pedro de Angoares

Coa aprobación desta moción, o Goberno local ponteareán da os primeiros pasos para “a protección dun elemento patrimonial singular e único en Galicia”, tal e como explicaba Hortensia Bautista. Nese sentido, apuntaba a concelleira, e preciso ter moi presente “que, amais da igrexa de Angoares, tan só existen en todo o estado outras dúas similares como son a de Santa María de Tera, en Zamora e a de San Pedro de Campodrón en Girona”.

O Goberno local sinala que a igrexa de Angoares cumpre os requisitos necesarios para ser declarada Ben de Interese Cultural, xa que a Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, no seu artigo 88 ‘Contido do patrimonio arquitectónico’, sinala entre os bens nos que concorre un significativo valor arquitectónico e que polo tanto son susceptibles de protección “Os edificios relacionados co culto relixioso católico e doutras confesións, aínda que perderan o seu uso, como catedrais, mosteiros, conventos, colexiatas, igrexas, ermidas, capelas, seminarios ou casas reitorais, construídos con anterioridade a 1836”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.