MOS
Mos, alternativa de turismo cultural
O programa ‘Vive o Camiño en Mos’ que se presentou hoxe aporta ocio de calidade para veciños, peregrinos e demais visitantes.
![[Img #32063]](upload/img/periodico/img_32063.jpg)
Onte tivo lugar no Pazo de Mos a presentación da Programación ‘Vive o Camiño en Mos’ á que asistiron Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Sara Cebreiro, concelleira de Cultura de Mos e os integrantes da Mesa do Camiño do Concello de Mos.
O Secretario Xeral destacou como “unha idea moi interesante” a de integrar a programación cultural do municipio nas ubicacións locais polas que transcorre o Camiño de Santiago e aglutinar a cultura que se fai en clave local con propostas que se adapten aos intereses dos peregrinos que pasan polo Concello de xeito que saen beneficiados tanto os propios veciños de Mos coma os visitantes.
Lorenzo considera que a cultura debe vertebrar a actividade pública das institucións e destaca tamén a importancia da repercusión económica nos municipios do Camiño de Santiago. Unha versión integrada e inclusiva de cultura e Camiño é o programa ‘Vive o Camiño en Mos’ polo que Anxo Lorenzo felicitou ás representantes municipais Arévalo e Cebreiro destacando tamén a importancia da idea novidosa e pioneira de crear a Mesa do Camiño do Concello de Mos que calificou como “unha plataforma que supón un punto de encontro fundamental entre todas as partes implicadas”.
Deste xeito o Concello de Mos pretende ser unha alternativa de turismo cultural para peregrinos e outros visitantes.
Pola súa banda a rexedora loca mosense declarou que “dende o Concello de Mos e xunto co tecido asociativo do municipio con sede ubicada no Camiño de Santiago, configuramos a programación Cultural Vive o Camiño en Mos, que consistirá en varias citas enmarcada ao longo do Camiño de Santiago e que terá lugar dende o mes de abril ata decembro e como obxectivo principal ten potenciar o Camiño de Santiago ao seu paso por Mos e o fomento da nosa cultura e tradicións. É por iso que todas estas actividades que levaremos a cabo pretenden ser unha homenaxe tanto ao camiño de Santiago como á rosa, esta bela flor, representativa no noso escudo, emblema do noso municipio e da cal posuímos fermosos exemplares. Este é un programa para todos os públicos e xeracións no que ofertaremos actos culturais e lúdicos tales como concertos, teatro, exposicións, actividades de lecer… “.
PROGRAMACIÓN
DOMINGO 30 DE ABRIL
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “O VESTIDO DE ONTE” unha viaxe polo pasado para coñecer as raices do traxe tradicional galego.
Horario: a partir das 12:00 h
Lugar: Sala de exposición Pazo de Mos
(o traxe, os decidos, a roupa de diario, a roupa de festa, xoias e rosarios, complementos...)
Colabora: ASOCIACIÓN CULTURAL TANGARAÑO.
MERCORES 17 DE MAIO
DIA DAS LETRAS GALEGAS
Horario: 18:00 H
Lugar: Carballeira de Santiaguiño, Guizán.
Colabora: Comunidade de montes de Guizán.
"Uxía Lambona e a Banda Molona “nace como un proxecto lúdico, musical e educativo, que pretende sobre todo divertir os nenos, achegándolles os temas tradicionais galegos dunha forma nova e atractiva, utilizando para iso novos estilos musicais (ska, rock, hip-hop…) para que así coñezan e manteñan a nosa música tradicional popular. No concertó do día 17 de maio no Santiaguiño de Guizan MOS, a través dunha interacción constante cos nenos, trataremos de facer estes temas máis divertidos para os cativos e que pasen a formar parte da súa memoria.
SÁBADO 20 DE MAIO
OBRADOIRO DE MANUALIDADES INFANTIL “A Rosa do Camiño”
Horario: de 10:00 a 13:00 h
Lugar: Albergue de peregrinos Veigadaña.
Visita ao albergue, pintura en tela “A camiseta do camiño”
Colabora: A.V.V Veigadaña
SÁBADO 27 DE MAIO
MONÓLOGO DABOAPIPA , “Historias de vida, guerra, amor e case morte”
Horario: ás 22:00
Lugar: salón de actos do PAZO DE MOS
Colabora: Fundación Pazo de Mos
DOMINGO 18 DE XUÑO
II FESTIVAL CANTO CONTO
Horario: Ao longo de todo o día
Lugar: Exteriores do PAZO DE MOS
Festa da Espuma
Colaboran: AS MAIMIÑAS e EDITORIAL GALAXIA
VENRES 1 e SABADO 2 DE SEPTEMBRO
FESTIVAL O SON DO PAZO
Horario: a partir das 22:00 h
Lugar: Exteriores do PAZO DE MOS
Organiza: Circulo Cultural Santa Eulalia de Mos
9 DE SETEMBRO
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “O FERROCARRIL NA LOURIÑA”
Datas: do 9 ao 30 de setembro
Horario: de luns a sábado de 17:00 h a 21:00 h
Lugar: Sala de exposición Pazo de Mos
Exposición, conferencias, visitas programadas para escolares…
Colabora: Fundación Pazo de Mos, diferentes Asociacións de Amigos do ferrocarril, grupo de veciños amantes do ferrocarril da parroquia de Mos.
DOMINGO 17 DE SETEMBRO
ANIMACIÓN INFANTIL no ANIVERSARIO CHAN DO BOSQUE
Horario: a partir das 18:00 h
Lugar: AVV CHAN DO BOSQUE
Organiza: AVV CHAN DO BOSQUE
SÁBADO 30 DE SETEMBRO
CONCERTO DO GRUPO DE ACORDEÓNS ARGONAT BAND
Horario: a partir das 21:00 h
Lugar: Auditorio do PAZO DE MOS
Colabora: Fundación Pazo de Mos
DOMINGO 15 DE OUTUBRO
FESTA DO CODILLO
Horario: a partir das 11:00 h

Do 16 ao 22 DE OUTUBRO
Xornadas micolóxicas
Organiza: Concellería de medio ambiente e comunidade de montes de Mos
SÁBADO 25 DE NOVEMBRO
DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, TEATRO MULLERES EN IGUALDADE DE MOS
Horario: a partir das 21:00 h
Lugar: Auditorio do PAZO DE MOS
DECEMBRO
II CERTAMEN DE RONDALLAS
Horario: a partir das 17:00 h
Lugar: Carballeira de Santiaguiño
SÁBADO 30 DE DECEMBRO
FESTA DE FIN DE ANO
Horario: a partir das 23:00 h
Lugar: Exteriores do PAZO DE MOS
Este programa pode ser obxeto de modificacións.
Toda a información ampliada, novidades e modificacións serán publicadas na páxina web www.mos.es e no Facebook Concello de Mos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149