PONTEAREAS
O Club Bádminton Ponteareas goza de boa saúde
O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o concelleiro de Deportes, Benito Márquez, reuníronse cos rapaces e rapazas da entidade deportiva.
![[Img #32065]](upload/img/periodico/img_32065.jpg)
Na xuntanza onde felicitaron tanto a organización como aos rapaces e rapazas que “por todos os logros que levan conseguido ao longo desta tempada, levando o nome de Ponteareas por España adiante”. Víctor Lemos, presidente do club, sinala que dende a súa asociación tratan “de inculcar co deporte que os nenos aprendan a socializarse, a compartir triunfos, a tolerar as frustracións, a controlar a impulsividade, a vencer a timidez, reducir a ansiedade, a gañar confianza en si mesmos e a respectar as normas”.
Logros alcanzados na actual tempada a nivel federado, títulos galegos:
Sofía Álvarez (2005)
Bronce en individual e dobres mixtos en categoría sub-15
Plata en individual e dobres mixtos e categoría sub-13
Iker Rodríguez (2007)
Prata en individual categoría sub-11
Ouro en dobres categoría sub-11
Adrián Rodríguez (2008)
Ouro en individual categoría sub-9
Ouro en dobres categoría sub-9
Rodrigo Álvarez (2008)
Ouro en dobres categoría sub-9
Bronce en individual categoría sub-9
María Rama (2009)
Bronce en individual categoría sub-9
Próximos campionatos nacionais
O 5 de maio teñen o Campionato de España de sub-11 en Ronda (Málaga) onde participaran Iker Rodríguez e Adrián Rodríguez en categoría individual e dobres.
O 2 de xuño, en Ogijares (Granada) Sofía Álvarez participará no Campionato de España Sub13 en categoría individual e dobres.
Promoción do Bádminton
Unha das bases do club é a promoción do bádminton. Cada tempada realízanse unas xornadas nos centros educativos da comarca de primaria e de secundaria, xornadas que consisten en ensinarlles un pouco máis deste deporte a través de charlas, vídeos, exhibicións e partidos. Os seleccionados destas xornadas entre máis de 400 nenos participan en:
- Campionato Bádminton Escolar Zonal Primaria (2 de Abril)
- Campionato Bádminton Escolar Zonal Secundaria (9 de Abril)
- Campionato Bádminton Escolar Condado Paradanta Baixo Miño (23 de Abril)
- Campionato Bádminton Escolar Provincial (28 de Maio)
Estes campionatos organizados polo Club Bádminton Ponteareas e coa colaboración da Concellería de Deportes, do Servizo Provincial de Deportes dependente da Xunta de Galicia e da Asociación Deportiva Escolar do Condado (ADECONPAR). “Agradecemos a axuda prestada pola Asociación Deportiva Escolar do Condado e A Paradanta (ADECONPAR) que dirixe o profesor José Luis Soto así como a todo os profesores de educación física de tódolos colexios e institutos que estiveron involucrados neste programa escolar, e tamén queremos dalas grazas ao Servizo Provincial de Deportes de Vigo”, sinala Victor Lemos, presidente da entidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149