Sábado, 20 de Diciembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 26 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
MOTOR

Citroën desvela o C5 aircross, o SUV de nova xeración

[Img #32105]

 

Tras o C-Aircross Concept do Salón do Automóbil de Xenebra 2017, que avanzaba un novo SUV compacto que se comercializará en Europa a final de ano, Citroën continúa a súa ofensiva no segmento dos SUV desvelando en primicia mundial o novo C5 Aircross, un SUV con vocación internacional que marca unha nova etapa no despregamento da estratexia de produto da marca. O SUV é un fenómeno que representa preto dunha cuarta parte das vendas a nivel mundial e que responde de maneira aspiracional ás expectativas dos seus clientes, á procura de evasión e dunha maior seguridade. Para iso, baséase nuns códigos claramente identificables como as grandes rodas, un deseño musculado e protector, o dominio da estrada. Citroën investiga neste territorio pero mantense fiel ao seu ADN.


A marca abre o camiño a unha nova xeración de SUV engadindo aos códigos tradicionais deste tipo de carrocería personalidade e confort para todos os ocupantes. Con este modelo, directamente inspirado no concept car Aircross, desvelado hai dous anos en Xangai, a marca demostra unha vez máis a súa capacidade para reafirmar a súa identidade única e para renovar o estilo sexa cal for o segmento.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.