GALICIA
IV Memorial Henrique Otero
O Memorial Henrique Otero acada por cuarto ano consecutivo un rotundo éxito co aforo completo do Auditorio Martín Códax.
![[Img #32121]](upload/img/periodico/img_32121.jpg)
A cita, organizada pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en colaboración co Conservatorio Superior de Música de Vigo e a Área de Cultura da Deputación de Pontevedra, arrincou as 19.30 horas no citado auditorio coa interpretación maxistral da soprano Beatriz Riobó da obra "Oración do Gaiteiro" acompañada ao piano por Alejo Amoedo e á gaita por Nadia Vázquez.
Cun programa adicado as obras con letra do Mestre Otero, o evento estivo marcado polo canto coa participación de mais 150 intérpretes entre agrupacións folclóricas e coros que non quixeron perder a oportunidade de participar nesta nova homenaxe ao “Gaiteiro do Fragoso”, algúns xa habituais da cita e outros que se estrearon nesta edición.
A cita, organizada pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en colaboración co Conservatorio Superior de Música de Vigo e a Área de Cultura da Deputación de Pontevedra, arrincou as 19.30 horas no citado auditorio coa interpretación sublime da soprano Beatriz Riobó da obra "Oración do Gaiteiro" acompañada ao piano por Alejo Amoedo e á gaita por Nadia Vázquez
No evento puidemos desfrutar ademais da xa mencionada “Oración do Gaiteiro” doutras obras do Mestre como “Noites de Lúa” tamén coa interpretación de Beatriz Riobó acompañada ao piano por Alejo Amoedo e a gaita por Daniel Fernández, da “Muiñeira de Santa Cristina” interpretada polos alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Vigo Marina Fernández e Erick Feles, “Na Romería De San Brais” foliada que estreou Folk de Coiro, “A foliada de Moaña” da man de Breogán de Moaña coas voces do grupo folk "O son do Río", dirixidos por María Xosé López, “As Meigas no Luar” a cargo do grupo Os Carunchos, tamén a muiñeira “Montegoña” a cago da banda de gaitas Raigames coa letra cantada polo Coro galego do C.C. Abrente dirixido por Xaime Estévez, as obras dedicadas a Baiona “Muiñeira de Monteboi “ e “Lembranza a Baiona” que estrearon o grupo Abóbriga, a “Foliada das Mariñas” interpretada polo Orfeón mariñeiro do Berbés baixo o mando de Luís Prego, “Agarimos e Lembranzas” muiñeira que interpretou a Agrupación Folclórica Lembranzas Galegas, “Foliada da Peneda” peza mariñeira que soou da man do Coro “Cantares do Brión” baixo a dirección de Pablo Rial.
E para rematar, e como colofón final, o tradicional peche coa interpretación conxunta de todos os participantes da peza “O ventosiño”.
O Memorial en honra ao “Gaiteiro do Fragoso” terá o vindeiro venres 12 de maio as 19.30 horas no Conservatorio Profesional de Música de Vigo o acto de clausura no que os novos valores do mundo da gaita galega recordarán ao mestre na II Xuntanza folclórica da mocidade ‘Henrique Otero’ a través do baile tradicional coa música do Mestre.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184