PROVINCIA
Carmela Silva asina dous convenios de patrocinio co Club Sociedad Gimnástica Pontevedra e o Fútbol Sala Poio
![[Img #32134]](upload/img/periodico/img_32134.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva asinou hoxe no Pazo provincial dous convenios de colaboración coas directivas dos clubs Sociedad Gimnástica Pontevedra e Fútbol Sala Poio, que neste caso estivo acompañada polo alcalde Luciano Sobral, dentro dos convenios de patrocinio establecidos cos clubs da provincia de Pontevedra que se atopan nas máximas categorías das súas disciplinas.
Deste xeito, ambos os dous clubs reciben un investimento de 30.250 € cada un (60.500 € en total) nuns convenios de patrocinio sometidos ao cumprimento de condicións e tamén ao control financeiro. Ademais, este ano os convenios contemplan a aposta do Goberno da institución provincial polo deporte feminino e o deporte adaptado, incluíndo aos grandes clubs femininos que compiten na elite deportiva, como é o caso do Fútbol Sala Poio, na Primeira División feminina e único representante da provincia nesta categoría.
Carmela Silva asegurou que “é fundamental que todas as administracións públicas esteamos si ou si involucradas co noso deporte, que non é soamente unha cuestión de saúde física, senón que é ademais un elemento máis dos que nos axudan a crear unha sociedade mellor” e, ademais, “axuda a que os territorios se poñan no mapa a nivel internacional”. Do mesmo xeito, a Presidenta da Deputación de Pontevedra asegurou que “estamos a vivir unha auténtica revolución no mundo do deporte, cada vez son máis as persoas que o practican e, polo tanto, temos que estar aí, fomentando algo que cada vez é máis importante para a nosa cidadanía”.
O alcalde de Poio, Luciano Sobral, asegurou que “o Fútbol Sala Poio é unha institución e un símbolo, e temos que agradecer o prestixio que está xerando e a cantidade de xente que moven, non hai máis que ver o pavillón de Poio, que se nos queda pequeno cada vez que xoga”. Pola súa banda, o Presidente do club, Juan José García, asegurou que “no club estamos moi agradecidos e agradecidas por esta achega, que ademais chega nun momento importante para o club”. García sinalou que “as nosas xogadoras están nunha nube, pero temos que seguir loitando por que teñan unhas condicións dignas e que o fútbol sala sexa o seu traballo”. O Presidente do Sociedad Gimnástica Pontevedra, Ramón Touza, lembrou que “a colaboración coa Deputación de Pontevedra e imprescindible para realizar todos os asuntos que temos pendentes” e asegurou que “grazas a esta achega, imos intentar poder seguir mantendo os nosos equipos da División de Honor, o masculino, e de Primeira División, o feminino, ademais de seguir traballando cos cativos e cativas e continuar coas nosas escolas deportivas”.
A Deputación de Pontevedra asinará convenios cun total de 12 clubs da provincia. Na modalidade de balonmán, co Balonmán Cangas, o Balonmán Porriño e o Atlético Guardés. En ciclismo, co Club Ciclista Froiz e co Club ciclista Rías Baixas. En tenis de mesa, coa Asociación Deportiva Vincios. En baloncesto adaptado, con AMFIV. No eido do atletismo, co Gimnástica de Pontevedra. En fútbol, co Celta de Vigo, co Pontevedra CF e co Coruxo CF e, por último, en fútbol sala co Fútbol Sala Poio. Este ano son 12 clubs os que se benefician destes convenios, un máis que ao ano pasado, e incorpóranse dúas formacións novas: o Club Ciclista Rías Baixas e a Asociación Deportiva Vincios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149