MOS
A Xunta colabora na mellora dos viais rurais
O Concello optimiza unha media anual de entre 6 e 8 camiños e/ou estradas grazas á xestión realizada pola alcaldesa con administracións supramunicipais.
![[Img #32135]](upload/img/periodico/img_32135.jpg)
Pola súa banda Vázquez Mejuto anuncioulle á rexedora local que a convocatoria da liña de axudas do PEIM Rural sairá en breve e dende o Concello de Mos poderá optarse ás devanditas subvencións para arranxar as vías que estime necesarias. Arévalo entregoulle á conselleira o proxecto de mellora da Estrada Generoso Domínguez, un vial cunha enorme afluencia de tráfico rodado e que se atopa moi deteriorado por esta causa. Ademais trátase dunha vía de vital importancia para a localidade mosense xa que comunica a parroquia de Tameiga coas de Cela e Pereiras.
A de Generoso Domínguez é un claro exemplo de estrada rural, xa que transita na súa maior parte por zonas de monte e incluso limita en gran parte do seu percorrido con terreos propiedade da Comunidade de Montes de Tameiga. A relevancia deste vial é tanta que o seu proxecto de mellora, redactado polo arquitecto municipal, conta cun informe técnico que certifica e xustifica a urxencia da acometida das obras de mellora do mesmo. Trátase dun proxecto que supera os 53.000 euros e que dende o Concello de Mos esperan poder iniciar canto antes.
A actuación a realizar en Generoso Domínguez está situada concretamente na parroquia de Tameiga e abarca un tramo cunha lonxitude total de 737 metros e un ancho medio de 5 metros. O viario carece de sinalización horizontal e vertical así como de beiravías. A drenaxe lonxitudinal é practicamente inexistente. A actuación principal é a necesaria rehabilitación superficial do firme xa que o pavimento atópase en mal estado.
As actuacións previas á obra que serían necesarias comprenden o varrido de firme por medios mecánicos consistente na limpeza enérxica da superficie de pavimento existente mediante cepillo de arame incluíndo o repaso manual.
E a rehabilitación ou renovación superficial propiamente dita comprendería a restauración ou mellora das características superficiais do pavimento. O recrecimiento consistiría na extensión dunha capa de rodaxe de 6 centímetros de espesor estendida e compactada. Previa á extensión e unha vez executado a limpeza e varrido da superficie, apllicaríase unha rega de adherencia.
Plan de Obras e Servizos
Por outra banda Mos levará a cabo próximamente a mellora doutros tres viais rurais por importe de 130.000 euros, subvencionada polo Plan de Obras e Servizos 2017 da Deputación de Pontevedra. Son a Baixada a Bos Aires na parroquia de Dornelas, a Estrada das Baloutas en Torroso e o Camiño da Zapateira en Mos.
Este proxecto ten por obxecto a mellora da seguridade vial nestes tres viais e para elo, previamente, realizarase unha avaliación e diagnóstico do estado dos firmes, a análise de solucións e o estudo dos factores de dimensionamiento e valoración económica de rehabilitación dos mesmos, para finalmente acometer a reposición do firme así como actuacións complementarias tales coma unha posible ampliación de calzada, mellora da drenaxe, limpeza e roza, levantado de tapas… etc.
O de Mos é un Concello cunha enorme porcentaxe dos seus viais que transcorren polo rural. En total ten 500 quilómetros de estradas das cales o 90% están en terreo rural. É por iso que dende o equipo de goberno local poñen especial empeño na renovación anual dunha media de entre 6 e 8 destes viais, tal e como se fixo o pasado ano 2016. Para elo a alcaldesa realiza, ano tras ano, unha ronda de visitas polas diferentes administracións supramunicipais para conseguir financiación a tal efecto, xa que sen a colaboración doutras administracións alcanzar tal número de reparacións sería imposible. Neste sentido a rexedora local mosense agradece moi especialmente a inestimable axuda da Xunta de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149