PROVINCIA
A Xunta incorpora máis do 80 por cento das alegacións presentadas ao proxecto de rehabilitación do antigo Hospital Xeral
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda asistiu onte na Delegación da Xunta en Vigo á reunión do Comité de Seguimento do Proxecto da Cidade da Xustiza.
![[Img #32150]](upload/img/periodico/img_32150.jpg)
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou onte que no proxecto de rehabilitación do antigo Hospital Xeral como futura sede da Cidade da Xustiza de Vigo serán incorporadas, concretamente máis do 81 por cento das alegacións feitas ao proxecto por parte dos organismos que non forman parte da Xunta de Galicia.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves asistiu esta mañá á reunión da Comisión de Seguimento do Proxecto da Cidade da Xustiza de Vigo, que tivo lugar na Delegación da Xunta, onde indicou que esta elevada incorporación das alegacións dos colectivos máis involucrados no proxecto, amosa o talante construtivo e dialogante da Xunta de Galicia á hora de involucrar a tódolos organismos neste proxecto. Así, coa incorporación destas alegacións haberá máis despachos; máis áreas para vítimas e menores; e máis zonas de atención públicas.
Na Comisión están integrados tanto membros da Xunta, como do concello, xuíces, avogados, fiscais, secretarios coordinadores, procuradores e arquitectos
Nesta liña, para axilizar a posta en marcha do edificio, a Xunta de Galicia, unha vez recibida no día de onte, a licenza por parte do Concello de Vigo, procederase a adxudicar a primeira fase da obra cun orzamento de 3,2 millóns de euros, que consiste na demolición daquelas partes do edificio do antigo Hospital Xeral que serán retiradas, para que as obras dean comezo de inmediato na segunda quincena de maio, cun prazo de execución de 5 meses. A continuación darase comezo coa segunda fase de rehabilitación que ten un prazo de 24 meses, sempre co obxectivo principal de que o edifico sexa unha realidade antes de rematar 2019, cun investimento global que roldará os 25 millóns de euros.
Dende a Xunta apostouse por rehabilitar un edificio emblemático da cidade, concentrando nun mesmo sitio todas as dotacións xudiciais da cidade, poñendo en marcha unha Cidade de Xustiza moderna, ben dimensionada, e buscando mediante o concurso de ideas a mellor solución para converter o antigo Xeral na nova Cidade da Xustiza de Vigo, concentrando nun mesmo edificio todas as dotacións xudiciais da cidade, gañando máis de 20.000 metros cadrados novos de espazo e ubicando no inmoble 35 unidades xudiciais, con espazo libre para futuras ampliacións, contando xa dende o primeiro momento coa axuda e co asesoramento dos arquitectos da cidade, dos operadores xudiciais e do concello.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149