Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 28 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán colabora por vez primeira co programa 'Erasmus +' acollendo a dous becarios de Italia

Os mozos, estudantes de xestión económica en Bolonia, traballarán durante dúas semanas na área de Intervención.

[Img #32212]

 

O Concello de Nigrán colabora por vez primeira na súa historia co programa 'Erasmus +' acollendo en prácticas a dous estudantes italianos de xestión económica. Matteo Sama e Laura Guizzardgi, de 17 anos e alumnos do instituto de formación profesional Rosa Luxemburg de Bolonia,  desenvolverán os seus coñecementos na área de Intervención durante as vindeiras dúas semanas . A través deste programa europeo e froito deste mesmo convenio co Concello, o IES Proval recibe neste tempo a seis profesores de diferentes zonas do país transalpino, mentras que tres dos seus alumnos de Electrónica se atopan actualmente en Bolonia facendo prácticas.

 

"O IES Proval propúxonos sumarnos á iniciativa, coa que eles xa levan anos, e non o dubidamos porque supón unha experiencia moi enriquecedora para as dúas partes e porque forma parte tamén do noso compromiso pola educación pública e de calidade", resume o alcalde, Juan González.

 

 

 

 

A través deste mesmo programa europeo, o IES Proval recibe a 6 profesores de todo o país, mentras que tres dos seus alumnos se atopan actualmente en Bolonia

 

 

 

 

Erasmus+ é o programa europeo nos ámbitos de educación, formación,  mocidade e deporte para o período 2014-2020. Trata de impulsar as perspectivas laborais e o desenvolvemento persoal, ademais de axudar aos  sistemas de educación, formación e mocidade a proporcionar un ensino e unha aprendizaxe que doten ás persoas das capacidades necesarias para o mercado laboral e a sociedade actual e futura.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.