MOS
Éxito de afluencia no primeiro ‘Encontro coa alcaldesa’
Trátase dun entorno diferente e novidoso no que tomar nota das demandas veciñais específicas de cada un dos sectores sociais do municipio.
![[Img #32216]](upload/img/periodico/img_32216.jpg)
Onte deu comezo o programa 'Encontros coa alcaldesa' cun encontro dirixido aos maiores do municipio no que participaron un total de 65 homes e mulleres que puideron charlar en persoa coa rexedora local, Nidia Arévalo, á que lle fixeron consultas, plantexáronlle suxerencias, trasladáronlle opinións, etc.
Arévalo definiu aos maiores de Mos como “a voz da experiencia e os que mellor coñecen o municipio”, e agradeceulles o seu “labor como pilar das familias colaborando na conciliación da vida familiar e laboral dos seus fillos e fillas mediante o coidado dos netos”.
En total no ano 2016, mediante programas dirixidos a maiores, o Concello de Mos beneficiou a preto de 1.000 persoas, 929 para ser exactos. Preto dun milleiro de persoas que participaron ou foron usuarios de cursos, excursións, Festa dos Maiores, programa Exercítate (clases de ximnasia e natación) e dos distintos programas de Dependencia (Servizo de Axuda no Fogar, Xantar na Casa, Teleasistencia, camas articuladas e AFAGA no Centro de Día de Petelos).
A alcaldesa aproveitou tamén este encontro para informar aos maiores presentes da parte de actividades do novo programa Actívate no Verán, que se presentou onte, que van especialmente dirixidas a eles e que son ximnasia na auga, andainas e clases con monitor nos parques biosaludables existentes nas dez parroquias mosenses. As clases de ximnasia na auga impartiranse durante os meses de xullo e agosto os martes e xoves, en horario de 11:00 horas a 11:45 horas, na piscina ao aire libre de San Eleuterio; as andainas realizaranse tamén en xullo e agosto, así como outras actividades deportivas nos parques biosaudables que se levarán a cabo os mércores e venres a partir das 10 da mañá nos diferentes parques do municipio, comezando polo parque de Torroso.
A rexedora local tomou ademais nota de tódalas suxerencias, peticións e demandas formuladas polos presentes para poder poñelas en marcha, na medida do posible, algunhas de xeito inminente e outras ao longo do presente ano 2017 e vindeiros.
'Encontros coa alcaldesa' ideouse como unha iniciativa pensada para que os diferentes colectivos sociais do Concello de Mos poidan atoparse de ti a ti coa rexedora local mosense e charlar con ela nun ambiente novidoso e diferente.
Os seguintes colectivos aos que se convocará serán o alumnado do Instituto, empresariado, agrupacións de persoas con discapacidade, deportistas e usuarios de instalacións deportivas, comunidade escolar, voluntariado e asociacionismo social, mulleres, agrupacións culturais, mocidade, universitarios, etc.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149