Domingo, 14 de Diciembre de 2025

Xornal21
Lunes, 01 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

A Eurocidade de Monçao – Salvaterra inaugurará hoxe a súa sede

Estará ubicada no antigo Posto da Fronteira de Monçao.

[Img #32219]

Hoxe 1 de maio o Concello de Salvaterra de Miño e a Cámara de Municipal de Monçao inaugurarán a que será a sede de traballo da Eurocidade. O edificio estará situado en Monçao, no antigo posto da fronteira, e contará con persoal que será o encargado, por un lado, de informar e de por en valor todo aquilo que nos identifica como pobo, o noso río, a nosa cultura, a nosa historia... Ademais de dar información, o persoal estará enfocado a realización de actividades e actos conxuntos entre os dous Concellos,  así mesmo traballaran e presentarán proxectos en candidaturas a Fondos Europeos, co fin de revalorizar, optimizar e dar novos recursos os máis de 30.000 veciños e veciñas que conforman esta Eurocidade.

 

Foi un 29 de marzo  do ano 1995 , cando a Ponte Internacional uniu fisicamente a estes dous pobos irmáns, que a pesar de estar separados, sempre estiveron moi unidos a través do Pai Miño, e entre os cales existiu unha relación moi estreita que perdura, non so entre a poboación, senón tamén entre as dúas institucións. Son moitas as actividades e os actos que se levan realizando conxuntamente e que foron o xerme dese camiño cara a Eurocidade.  

 

Dende os Concellos invitan a todos os seus veciños e veciñas a este acto de inauguración, que se realizará a partir das 17.00h españolas e na cal estarán presentes os Alcaldes, o Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia e o Secretario de Estados das Comunidades do Goberno de Portugal. Ao remate haberá unha actuación de grupos tradicionais de ambos Concellos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.