PROVINCIA
Deputación e Xunta crearán unha comisión para dar unha resposta consensuada ás emerxencias
O pleno do Consorcio Provincial para a prestación do servizo aprobou a conta xeral do ano 2016 que deixou un superávit de máis de medio millón de euros.
![[Img #32234]](upload/img/periodico/img_32234.jpg)
O Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento celebrou esta semana o pleno ordinario correspondente ao mes de abril . No marco da sesión Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia acordaron a creación dunha comisión técnica para dar resposta conxunta e consensuada en materia de emerxencias as necesidades que ten pendentes a provincia.
En concreto, presentáronse no pleno dous informes de análise e propostas de xestión no que se propoñen diferentes solucións para arranxar as carencias en canto ao funcionamento das emerxencias na provincia, ben en relación ás zonas de sombra, ó mapa de emerxencias, aos tempos de resposta, etc. En relación a estes documentos, tanto a Deputación de Pontevedra como a Xunta de Galicia acordaron crear a comisión técnica, que tome como punto de partida os informes aportados pola xerencia do Consorcio, para abordar de xeito consensuado as carencias en materia de loita contra incendios e salvamento que permitirán establecer unha estratexia provincial de atención ás emerxencias. Amais, esta comisión técnica conxunta tamén vai servir para decidir o futuro dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES).
A institución provincial e a administración autonómica valoraron positivamente os informes aportados pola Xerencia do Consorcio para a prestación do servizo contra incendios e salvamento e acordaron traballar o máis rápido posible para avaliar estes documentos. Tamén resolveron, ambas administracións, que as conclusións da Comisión se trasladarán ao grupo de traballo ligado a Protección Civil que se creou tralo acordo adoptado pola Xunta de Galicia e a Fegamp na Mesa para a Cooperación Local.
O Consorcio contrata o suministro de 73 traxes de intervención en emerxencias, en aras a mellora da seguridade do persoal
O pleno do Consorcio Provincial de Pontevedra para a prestación do servizo contra incendios e salvamento aprobou tamén outras cuestións que poñen de manifesto a boa saúde económica da entidade. En concreto, deuse conta do resultado presupostario a 31 de decembro de 2016 de 643.099,13 euros, do estado de remanente de tesourería de 3.562.840,08 euros e dos fondos líquidos de 3.561.587,96 euros. A débeda a 31 de decembro de 2016 situouse en cero euros.
Ao respecto do primeiro trimestre deste ano 2017, no pleno tamén se informou sobre o período medio de pago que se sitúa, de media, 5 días antes dos 30 de máximo que estipula a normativa estatal.
Finalmente deuse conta do inicio do expediente para a contratación do suministro de 73 traxes de intervención en emerxencias, en aras a mellora da seguridade do persoal na prestación do servizo, cuxo importe ascendería a 101.579,50€.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149