MOS
O Concello lembra que o servizo de atención ao contribuínte sobre a regulalización do IBI permanecerá aberto ata o 8 de maio
O Catastro está a regularizar os inmobles en Mos e os veciños poderán presentar as súas alegacións ao respecto.
O Concello de Mos lembra aos veciños e veciñas do municipio que o servizo de atención ao contribuínte sobre a regulalización do IBI permanecerá aberto ata o 8 de maio para as persoas que recibiran nos seus domicilios unha carta coa regularización catastral dos seus inmobles (regularización do Imposto sobre Bens Inmobles, IBI), informándoos de que dispoñen de 15 días hábiles, excluíndo os sábados, para presentar alegacións a dita regularización catastral.
A administración local mosense informa así mesmo de que, aínda que este procedemento está instruído exclusivamente pola Dirección Xeral do Catastro, o Concello de Mos habilitou este servizo de atención ao contribuínte para que informe e asesore aos habitantes do municipio do procedemento de reclamación e das posibilidades que teñen.
O devandito servizo de atención ao contribuínte está operativo dende o luns 17 de abril e rematará o vindeiro 8 de maio. Atópase ubicado no edificio Multiusos das Pozas en horario de mañá, de 09.00 horas a 14.00 horas, e de tarde de 16.00 horas a 18.00 horas.
Por disposición legal, aqueles veciños que están incursos no procedemento de regularización catastral teñen que pagar unha taxa de 60 euros establecida polo Catastro e cuxa recadación corresponde única e exclusivamente ao Catastro, non tendo absolutamente nada que ver coa mesma o Concello de Mos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149