Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 29 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación aproba as bases de subvencións para destinar 150.000 € a actuacións e actividades de carácter turístico

O importe máximo da subvención non poderá exceder do 70% do orzamento dos proxectos turísticos que se presenten á convocatoria.

[Img #32239]

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases reguladoras das subvencións, en concorrencia competitiva, para actuacións e actividades de carácter turístico durante o ano 2017. Esta liña de axudas ten como finalidade finalidade colaborar no fomento do turismo e na profesionalización do sector na provincia de Pontevedra.

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, subliñou que a través desta liña de subvencións “estamos a apostar, unha vez máis, por un sector estratéxico para a provincia de Pontevedra, impulsando a promoción, a calidade, a accesibilidade, a sostenibilidade, a modernización e profesionalización, así como apoiando proxectos que permitan a desestacionalización turística ben a través de campañas de turismo, da participación en feiras, así como de actividades que impulsen a atracción de visitantes ao longo de todo o ano”.

 

 

 

 

O ano pasado beneficiáronse desta iniciativa 18 entidades correspondentes a 10 concellos da provincia de Pontevedra

 

 

 

 

Esta liña de subvencións está aberta a entidades sen fins de lucro con domicilio social na provincia que deberán presentar a solicitude nun prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. O importe máximo da subvención non excederá o 70% do orzamento dos proxectos turísticos que se presenten á convocatoria.

 

O ano pasado beneficiáronse desta iniciativa entidades correspondentes aos concellos de Oia, A Guarda, Pontevedra, Lalín, Cambados, Sanxenxo, Baiona, A Estrada e O Grove que cubriron entre o 20 e o 70% do orzamento dos proxectos turísticos que levaron a cabo durante o 2016.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.