PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra estima unha ocupación hoteleira provincial do 75% na ponte de maio
Carmela Silva asegura que “a ocupación nestes momentos, a falta da evolución da climatoloxía e sempre con prudencia, é semellante á prevista para a pasada Semana Santa”.
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer esta mañá os datos de Turismo Rías Baixas relativos ás previsións de ocupación hoteleira na provincia de Pontevedra para a vindeira ponte do primeiro de maio. Así, Silva asegurou que as estimacións ascenden, a falta das reservas de último minuto e da climatoloxía, ao 75% das prazas ocupadas en establecementos hoteleiros e ao 50% en aloxamentos rurais.
Os datos para os establecementos hoteleiros, tal e como destacou a Presidenta provincial, “son semellantes aos previstos para a pasada Semana Santa, a mellor dos últimos dez anos”. A ocupación media provincial estimada é do 75%, superándose nas comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, O Morrazo, Vigo, Pontevedra e Caldas. Así, as comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes rozarán o 100%, O Morrazo agarda o 95% de ocupación hoteleira, Vigo o 90,07%, Pontevedra o 85% e Caldas de Reis o 83,7%. Pola súa banda, o Salnés superará o 64,01%, O Baixo Miño o 57,50% e O Condado e A Paradanta o 30%.
A Presidenta da Deputación adiantou que os establecementos de turismo rural da provincia chegarán ao 50% de ocupación
En canto ao turismo rural, a ocupación media provincial será do 50%, superándose nas comarcas do Morrazo, de Caldas, do Salnés, do Condado- A Paradanta e de Pontevedra. Así, as comarcas do Morrazo e de Caldas terán unha ocupación dos establecementos rurais do 90%, Pontevedra previsiblemente superará o 60,5% e as comarcas do Salnés, do Condado e da Paradanta do 60%. Pola súa banda, as comarcas de Vigo, O Baixo Miño e Deza e Tabeirós-Terra de Montes agardan o 20% de ocupación nos establecementos de turismo rural.
Durante estes meses a Deputación de Pontevedra “liderou –segundo indicou Silva- numerosas actuacións para captar un maior número de turistas, promovendo e potenciando actividades co obxectivo de fomentar e desenvolver o turismo na nosa provincia, mellorando a nosa imaxe turística e transmitindo un novo modelo de promover o noso destino”. En concreto, a Presidenta da institución provincial fixo mención as accións realizadas en Fitur, á presentación da campaña, á Gala de Turismo e á promoción realizada en Madrid na sede da SGAE. Tamén adiantou Silva a vindeira promoción do destino Rías Baixas que terá lugar en Lisboa, o próximo 9 de maio, ás que seguirán Porto e outras que se realizarán a través dos centros de Galicia en países como Francia, Brasil ou Arxentina.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149