Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 03 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

CorreXSalceda, nova edición da carreira popular de Salceda

[Img #32279]

 

O vindeiro domingo 7 de maio Salceda de Caselas acollerá a V edición da carreira popular que cada ano percorre o municipio. Organizada pola Concellaría de Deportes que dirixe Carla Pérez, en colaboración coas Escolas Deportivas Municipais, este ano o evento presenta grandes novidades dentro da programación prevista.


Baixo o nome “Corre X Salceda”, a proba servirá para que os participantes poidan coñecer os espazos naturais de Salceda, así como os diferentes tramos de sendas polos Ríos Caselas e Landres.


Para a categoría absoluta, con saída ás 10:30, preséntase como novidade un novo percorrido máis curto, polo que os participantes poden elexir entre facer 5 ou 10 km. Este ano o circuito é máis suave que nas edicións anteriores, facilitando a participación de todos os que lles guste este deporte. Os nacidos entre 2002 e 2004 terán un circuito de 2.500 metros, 1.000 metros para os nacidos entre 2.005 e 2.007, 500 metros para os nacidos entre 2.008 e 2.010,  150 metros para a categoría “Pitufos A”, que engloba aos nenos e nenas nacidos entre 2.011 e 2.013, e 100 metros para os “Pitufos B”, nacidos en 2.014 e 2.015 . Todas as categorías realizarán a súa saída dende a Praza do Concello. Ademáis, no caso das categorías inferiores, todas elas contan con un percorrido accesible para persoas con mobilidade reducida.


Atletas chegados dende toda a xeografía galega teñen confirmado xa a súa presenza nesta proba, que cada ano está contando con máis de 800 participantes. Para poder inscribirse pódese facer na páxina das Escolas Deportivas Municipais: http://www.edmsalceda.es.


Os participantes recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa da proba, así como a opción de conseguir os trofeos que se entregarán aos tres primeiros clasificados de cada unha das categorías.
Un grande equipo de persoas voluntarias garantirán o correcto desenrolo da proba, encargándose da loxística, control de cruces, avituallamento, entrega de dorsais, etc. O Concello conta tamén coa colaboración de diversos clubes da localidade, así como coa axuda das Escolas Deportivas Municipais, aos que principalmente hai que agradecer a súa gran labor.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.