Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 04 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Preto de 250 persoas déronse cita na II Romería dos populares de Salceda

O pasado luns, preto de 250 personas reuníronse no Centro Cultural do Borralliño para celebrar a II Romería Popular de Salceda de Caselas.

[Img #32339]

 

O Partido Popular de Salceda de Caselas ven de celebrar o pasado luns 1 de maio a II edición da Romería Popular en torno á carballeira “O Borralliño”, na parroquia de Soutelo.


Esta tradicional festa popular tivo lugar nun enclave único no que os veciños e veciñas puideron desfrutar dunha variada gastronomía.


Ana Pastor, Alfonso Rueda e diferentes responsables populares da comarca e provincia sorprenderon ós presentes coa súa presenza e brindaron o seu apoio ó candidato e voceiro do Partido Popular, Santiago Rodríguez Davila. Ademais o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que nos vindeiros meses recibiremos boas novas para a nosa localidade.


Rodriguez Davila afirmou “síntome moi agradecido ós compañeiros e compañeiras do Comité que me brindaron o seu apoio durante toda a xornada, coa montaxe das mesas, axudando a servir as comidas, recollendo… sen eles todo isto non sería posible, son unha parte fundamental do partido”.


Tamén explicou que “quedan preto de dous anos e medio de moito esforzo e traballo, pero estamos máis ilusionados ca nunca. Namentres os salcedenses comezan a decatarse da pésima xestión do alcalde (que incrementou a débeda nun 280% pasando de 1,5 a máis de 4 millóns de euros), o Grupo Popular está cada día máis preto dos veciños, tratando de atender as súas necesidades e traballando duramente dende a oposición. O Partido volta a crecer e, co apoio de todos e todas, gañaremos as próximas eleccións municipais e así recuperar a xestión local”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.