Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 04 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Agrupación Deportiva Vincios de tenis de mes asina por primeira vez un convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra

O patrocinio convirte ao club gondomareño nun dos equipos deportivos embaixadores da marca turística Rías Baixas.

[Img #32341]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e a secretaria da Agrupación Deportiva Vincios de tenis de mesa, María Belén González Ramírez, firmaron no pazo Provincial un convenio de colaboración para o patrocinio da entidade deportiva. No acto tamén estiveron presentes o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira,  o presidente do Vincios, Vicente Pintos e a deputada de Deportes, Chelo Besada. Estas axudas enmárcanse dentro do Plan Estratéxico de Deportes da Deputación dirixido a divulgar e promover os valores da práctica deportiva, así como crear sinerxias cos clubs de elite para que se convirtan en embaixadores da marca turística Rías Baixas.

 

A través deste acordo, o club comprométese a inserir o logo da Deputación na camiseta do primeiro equipo, que compite na Superdivisión Masculina (máxima categoría desta disciplina), así como tamén na do equipo da División de Honra Feminina, que é a segunda liga nacional. Igualmente, colocarase o logo da institución provincial en diferentes espazos do Pavillón Municipal de Gondomar, no chándal oficial do club en todas as categorías e na camiseta oficial das categorías inferiores, así como na web, facebook e cartelería das competicións que a agrupación organice.

 

A Agrupación Deportiva Vincios, que asina por primeira vez un acordo de colaboración coa Deputación de Pontevedra, ademais de competir hoxe en día na Superdivisión masculina, e na División de Honra feminina, está integrado por 70 deportistas, conta con 9 equipos e cuns trinta rapaces e rapazas nas súas escolas deportivas.

 

En total 12 clubs da provincia asinarán acordos de colaboración coa Deputación de Pontevedra por un total de 900.000 € dentro da liña de apoio o deporte de Pontevedra.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.