TUI
O Centro Dramático Galego inicia este venres en Tui a xira de “Martes de Carnaval”
Será ás 21.30h no Teatro Municipal de Tui. As entradas están á venda en www.culturatui.info
O Centro Dramático Galego inicia este venres en Tui a xira da súa última montaxe “Martes de Carnaval” de Ramón María del Valle Inclán, onde agardan repetir o éxito de público acadado xa nas representacións en Santiago. Dez actores dan vida á trintena de personaxes de “As galas do difunto” e “A filla do Capitán” baixo a dirección de Marta Pazos. A cita será ás 21.30h no Teatro Municipal de Tui cun descanso de 15 minutos entre peza e peza.
Este espectáculo foi presentado na casa do concello de Tui polo alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, María José González, o director da AGADIC, Jacobo Sutil, e os actores Anabel Gago e Machi Salgado.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou que a presenza en Tui do CDG con esta montaxe é un exemplo da aposta que dende o Concello se fai pola cultura, que dicía é un dos principais sinais de identidade da cidade, cunha intensa axenda e con instalacións coma o Teatro Municipal ás que é deber e responsabilidade da administración dotalas de actividade. A programación cultural que dicía, Enrique Cabaleiro, é tamén un polo de atracción de visitantes á cidade. A concelleira de Cultura, María José González, resaltou que é unha honra que o CDG estea en Tui por segundo ano consecutivo. Indicou que “supón esforzo extra para o Concello que Tui merece poder contar cun este espectáculo destas dimensións”.
Pola súa parte o director da AGADIC, Jacobo Sutil, destacou o feito de que con esta obra o CDG represente a Valle Inclán en galego nun traballo conxunto levado a cabo pola directora, os actores, pero tamén todo o equipo técnico. Detallou que en Tui se inicia a xira do espectáculo que proseguirá polo Barco de Valdeorras, Ourense, A Coruña, Rianxo, Valencia, Pontevedra e Vigo.
Os actores Anabel Gago e Machi Salgado salientaron a creación colectiva da que é froito este espectáculo na que todos aportaron de seu para conformar a montaxe final. Anabel Gago destacaba coma por fin chegou o momento de representar a Valle Inclán en Galego indicando que o resultado é “para ver”. No mesmo senso Machi Salgado animaba a achegarse á representación dunha obra de plena actualidade que non vai deixar a ninguén indiferente.
As galas do defunto comeza en Galicia en 1898, nunha cidade portuaria co sabor da derrota nos beizos e toda a resaca que provocou a guerra de Cuba. Para construír A filla do capitán, o autor partiu de dous acontecementos reais da época: o pronunciamento de Primo de Rivera en 1923 e o crime do Capitán Sánchez, famoso na prensa sensacionalista, en 1913.
O elenco está formado por Iria Azevedo, César Cambeiro, Mercedes Castro, Anabell Gago, Miquel Insua, Alejandro Jato, Pablo Rivero Madriñán, María Roja, Machi Salgado, e Sergio Zearreta.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.106