PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra firma un convenio de 100.000 € coa Universidade de Vigo
Carmela Silva subliña que dende a chegada do novo goberno provincial o apoio a universidade superou o medio millón de euros.
![[Img #32343]](upload/img/periodico/img_32343.jpg)
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o reitor da Universidade de Vigo Salustiano Mato, firmaron no Pazo Provincial un convenio de colaboración de 100.000€ entre ambas institucións para a promoción da mobilidade dos e das estudantes dos campus de Pontevedra e Vigo a través do proxecto Erasmus +, nun acto no que tamén estiveron presentes o vicerreitor da Universidade de Vigo, Juan Manuel Corbacho, e o vicerreitor de extensión universitaria, Manuel Fernández.
Carmela Silva lembrou que este acordo de colaboración, que se asinou este ano por segunda vez, naceu a petición da propia Universidade de Vigo, que solicitou a axuda da Deputación de Pontevedra ao ver que “moitos rapaces e rapazas se vían obrigados a renunciar a participar no programa Erasmus porque non tiñan capacidade económica para facelo, algo tamén derivado dos recortes que se están a facer na Universidade e no programa de mobilidade europea Erasmus”.
A Presidenta da Deputación de Pontevedra subliñou que dende a chegada da nova corporación a institución provincial o apoio a Universidade de Vigo abarcou diversos aspectos dende o medio ambiente, cultura, mobilidade e deporte cunha achega económica superior ao medio millón de euros.
O reitor cualifica de “absolutamente histórica” a colaboración da Deputación de Pontevedra nestes dous últimos anos
Con este novo convenio, cen estudantes poderán completar a súa formación en universidades europeas ou ben realizar as súas primeiras prácticas formativas en empresas e institucións doutros países europeos durante o curso 2017/2018. A presidenta destacou a importancia que teñen estas axudas que permiten aos e ás estudantes recibir “unha maior formación e unha mentalidade global e que son unha fórmula extraordinaria de crear redes en todo o mundo, algo fundamental para o desenvolvemento económico e social dun país hoxe en día”. Cada bolsa estará dotada con 1.000 € que se repartirán do seguinte xeito: 80 para Erasmus + Estudos, 11 para Erasmus + prácticas e 9 para convocatorias propias internacionais da Universidade.
Así mesmo, Carmela Silva sinalou que este convenio forma parte xunto con outros moitos asinados ao longo destes dous anos dun compromiso adquirido pola Deputación de Pontevedra coa Universidade xa que “non se pode concibir unha administración que non estea en permanente contacto, colaboración e traballo conxunto coa Universidade”.
Pola súa parte, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, quixo agradecer a colaboración da institución provincial nestes dous últimos anos que cualificou de “absolutamente histórica” e asegurou que “os resultados están sendo un éxito, o que fai que esta alianza estratéxica cada vez sexa máis estreita e máis importante, e que se poida poñer a mirada no futuro con obxectivos máis ambiciosos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21