GALICIA
O desemprego en Galicia continúa baixando ao pechar abril con 23.524 persoas menos no paro
A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou os datos do paro rexistrado destacando o descenso do 10,31% na evolución anual, o que sitúa á Comunidade en niveis inferiores a hai 8 anos.
A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou os datos do paro rexistrado destacando que o descenso continuado no número de desempregados demostra a recuperación económica que está a vivir Galicia ao pechar abril con 23.524 persoas menos no paro que hai un ano, o que supón un descenso do 10,31%.
Toca explicou que estes datos sitúan á Comunidade en niveis de paro inferiores a hai 8 anos, a abril de 2009, e sinala que é a maior caída neste mes de toda a serie histórica, desde 1996, reducíndose, ademais, por cuarto ano consecutivo o desemprego neste mes. En palabras da responsable de Emprego, o paro leva baixando en Galicia tres anos e medio de xeito consecutivo, desde novembro de 2013.
A secretaria xeral salientou, ademais, que a calidade no emprego segue crecendo ao aumentar a contratación en xeral nun 9,05%, ao asinarse 6.150 contratos máis que en abril do pasado ano: a indefinida aumentou nun 5,35% e a tempo completo creceu nun 11,83%, catro puntos e medio máis que a tempo parcial. Ademais, Toca puxo en valor o incremento nas afiliacións nun 2,24% con respecto a hai un ano, sendo o maior crecemento nun mes de abril desde 2007. Ademais, xa son 3 anos (desde abril de 2014) nos que Galicia rexistra unha evolución positiva. Deste xeito, Galicia remata abril cunha cifra de afiliacións superior á de hai cinco anos. As afiliacións con respecto a marzo tamén soben, sendo o aumento case o dobre que en 2016.
Neste contexto no que baixa o número de parados e crecen as afiliacións e as contratacións, Toca afirmou que Galicia consolida a tendencia amosada no último ano cando o paro baixou un 10%, a maior caída desde o inicio da crise, como nestes catro primeiros meses do ano.
Indica que xa son tres anos e medio de baixadas consecutivas, desde novembro de 2013, e apunta que a calidade no emprego segue crecendo, xa que contratación en xeral sube nun 9,05%, asinándose 6.150 contratos máis que hai un ano
Na evolución anual tamén, a secretaria xeral de Emprego puxo en valor o descenso continuado nas principais variables: nas catro provincias, as sete grandes cidades, todos os sectores, tramos de idade e tanto en homes como en mulleres, así como nos colectivos prioritarios cos que traballa o Goberno galego para reducir o paro.
Detallou que o número de persoas sen emprego diminuíu, un mes máis, nos colectivos prioritarios cos que traballa a Xunta para reducir o desemprego como son os menores de 30 anos (-15,78%), os parados de longa duración (-11,02%) e as mulleres (-8,01%).
En canto ás provincias, detallou que Ourense lidera a baixada con respecto a abril de 2016 (-10,71%), seguida de Pontevedra (-10,45%), A Coruña (-10,12%) e Lugo (-10,05%) e sobre os sectores de actividade, apuntou que o desemprego diminuíu en todos eles, liderando o descenso con respecto a hai un ano a construción nun -19,71%, seguido da industria cun -12,87% e da agricultura e pesca cun -11,71%. Con respecto ao mes pasado, o paro tamén baixa nun -2,58%, diminuíndo tamén nas principais variables.
Impulso á contratación e formación
“A Xunta segue esforzándose cada día para manter a tendencia actual e consolidar a recuperación económica en Galicia”, segundo resaltou a secretaria xeral de Emprego. Para iso, asegurou que o Goberno galego continúa traballando con esforzo a través da Axenda 20 coa que se están impulsando medidas encamiñadas a alcanzar o reto de crear entre 80.000 e 100.000 empregos ata 2020.
Para iso, estanse poñendo en marcha medidas para mellorar a formación e aumentar a contratación entre os menores de 30 anos con 90 millóns de euros que se acaban de activar e para fortalecer o emprego autónomo a través da Estratexia Autónomo 2020. Outras actuacións están encamiñadas aos parados de longa duración ou a impulsar as políticas de Responsabilidade Social Empresarial nas pemes galegas con axudas para a implantación de plans de igualdade ou ferramentas para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal. “O que queremos é que en 2017 as familias sexan as verdadeiras protagonistas do crecemento económico en Galicia”, rematou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184