Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 05 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Turismo Rías Baixas confirma unha ocupación hoteleira provincial de máis do 77% durante a ponte

Carmela Silva amosa a súa satisfacción polos “excelentes resultados, que superan ata en 15 puntos os rexistrados na mesma ponte do 2016”.

[Img #32364]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer de maio. Silva informou que a ocupación media provincial nos establecementos hoteleiros foi do 77,15%, dous puntos por riba das estimacións realizadas por Turismo Rías Baixas, e do 56% nos establecementos de turismo rural, 6 puntos máis que o previsto pola institución.  

 

Carmela Silva asegurou que “estamos a falar dunha das mellores pontes de maio dos últimos anos, uns excelentes resultados que superan ata en 15 puntos os rexistrados na mesma ponte do 2016” e amosou a súa satisfacción por “seguir a ser un destino que crece”.

 

A ocupación hoteleira foi do 77,15%, porcentaxe que se superou nas comarcas de Pontevedra, Vigo, O Morrazo, Caldas e no Deza e en Tabeirós-Terra de Montes.  Pontevedra superou o 90% de ocupación hoteleira, Vigo o 85%, ao igual que o Deza e Tabeirós-Terra de Montes que rozaron esa porcentaxe, O Morrazo o 83% e Caldas o 80%. Pola súa banda, a comarca do Baixo Miño chegou ao 71% de ocupación, O Salnés ao 70% e as comarcas do Condado e A Paradanta superaron o 53%.

 

No caso dos establecementos de turismo rural, a Presidenta da Deputación de Pontevedra manifestou a súa satisfacción por acadar unha ocupación do 56% na provincia de Pontevedra, seis puntos máis que o previsto por Turismo Rías Baixas.  Esta porcentaxe se superou en comarcas como O Morrazo, O Condado e  A Paradanta, O Baixo Miño e Pontevedra. Así, O Morrazo superou o 92 % da ocupación nos establecementos rurais, O Condado e A Paradanta o 86%, O Baixo Miño o 73% e Pontevedra o 61%.  Pola súa banda, a comarca de Caldas acadou o 56%  e O Salnés o 41%.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.