PONTEAREAS
Ponteareas solicita un novo Obradoiro de Emprego de 9 meses para 20 veciños
O Obradoiro reafirma o compromiso do Goberno local coa formación das persoas en situación de desemprego para mellorar as súas posibilidades de inserción no mercado laboral.
O Concello de Ponteareas solicitou un novo obradoiro de emprego, que agarda que sexa aprobado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. para iniciar mes de setembro as actividades do Obradoiro ‘Compromiso Social III’ que permitirá que 20 veciños e veciñas en situación de desemprego, poidan contar cun contrato laboral de 9 meses de duración ao mesmo tempo que melloran a súa cualificación profesional de cara a súa inserción no mercado laboral.
Os/as alumnos/as traballadores/as desenvolverán as súas actividades en cinco especialidades formativas que son as de Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio; Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións; Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción; Fábricas de albanelería e Revestimentos con pastas e morteiros en construción.
O concello solicita a cofinanciación da Consellería de Economía, Emprego e Industria, para formar a 20 persoas desemprgadas cun contrato laboral de nove meses de duración
As persoas participantes nos programas, ao mesmo tempo que adquiren fondos coñecementos teóricos sobre as súas especialidades, desenvolven estes coñecementos coa súa posta en práctica realizando, amais, unha labor útil para a cidadanía.
Así, o programa de axuda no fogar é un recurso que ten por obxecto prestarlle aos cidadáns, no seu domicilio, un conxunto de atencións no seu propio entorno, evitando desa forma, o seu posible ingreso nun centro asistencial. En caso de producirse esta, os coidados seríanlle prestados na residencia de maiores.Doutra banda, os/as alumnos/as dos módulos de construción, levarán a cabo na parte práctica a rehabilitación de edificios municipais.
O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, salientaba a importancia deste Obradoiro de Emprego, xa que “permite que veciños e veciñas en situación de desemprego poidan atopar un alivio a súa situación laboral”. Represas insistiu na necesidade destas iniciativas de formación “como ferramenta imprescindible para que os nosos veciños e veciñas poidan insertarse nun mercado laboral cada día máis competitivo e máis preparado”.
Por último, Xosé Represas incidía en que “as políticas de emprego son e serán unha prioridade para este Goberno”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149