Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21
Lunes, 08 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Salvaterra de Miño convoca os seus “PREMIOS DE EDUCACIÓN” para o curso 2016/2017

O Concello de Salvaterra de Miño aprobou en Xunta de Goberno Local as bases da duodécima convocatoria dos “Premios de Educación – Curso 2016/2017”, que inclúe tres viaxes a Reino Unido.

[Img #32393]

 

Segundo explicou a  Tenente  de Alcalde, Marta Valcárcel, " Salvaterra foi  un dos primeiros e dos poucos concellos que premia a excelencia académica". Así, "dende fai máis dunha década premia o esforzo e a dedicación dos e das estudantes do seu municipio". Estas becas ou premios nacen co ánimo de incentivar o estudio e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os mozos e mozas, xa que será a base do seu futuro. Toman parte neste concurso o alumnado do Instituto de Educación Secundaria e dos tres Centros de Educación Primaria de Salvaterra (CEIP Infante Felipe, CEIP de Leirado e CEP Carlos Casares). Establecéndose como premios, por un lado, catorce lotes informáticos compostos por unha Tablet Samsung TAB 6 10,1”, con funda, memoria e powerbank, para os alumnos e alumnas do 2º Ciclo Formativo de Grao Medio de Caldeirería e Soldadura, FP básica, 4º da ESO  do IES Salvaterra e os alumnos e alumnas de 6ª de Primaria do CEIP Infante Felipe, CEIP de Leirado e CEP Carlos Casares. Ademais convócanse  tres bolsas de estudios que consistirán nunha viaxe de tres semanas a Reino Unido, na localidade de Worthing (na costa sur do país) co obxecto de perfeccionar a lingua inglesa, que inclúe a viaxe de ida e volta, aloxamento en familia en réxime de pensión completa, curso de inglés Xeral de 3 semanas, material escolar, certificado de asistencia, actividades, tarxeta de transporte e seguros, para o alumnado de 2º de Bacharelato.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.