MOS
Mos intégrase na administración electrónica
Nunha semana comezará a plena a implantación do novo sistema. Esta semana celebrouse a última reunión de traballo previa á entrada en vigor.
![[Img #32400]](upload/img/periodico/img_32400.jpg)
Esta semana realizouse a última reunión de traballo cos xefes e/ou coordinadores dos distintos departamentos municipais, para explicarlles os detalles do sistema da implantación da administración electrónica no Concello de Mos e entregarlles a documentación necesaria previa á entrada en vigor da mesma, que se prevé para o vindeiro 15 de maio, data na que comezará a formación de todo o persoal municipal.
Este proxecto de potenciación da administración electrónica desenvólvese mediante un convenio de colaboración entre a deputación de Pontevedra e o Concello que xa se atopa asinado.
Mediante este sistema preténdese que o Concello de Mos se estableza coma administración electrónica no que respecta á xestión de expedientes, elaboración do catálogo de procedementos, e activación da sede electrónica na que os cidadáns poidan realizar trámites e xestións on line de xeito non presencial e erradicando o formato papel.
Todo este proceso ven dado pola necesidade de adaptación progresiva á Lei 39/2015.
Un dos departamentos municipais nos que máis influirá este procedemento de dixitalización progresiva será o Rexistro Xeral, sección que deberá ter todo o rexistrado en formato dixital antes do ano 2018.
A implantación terá unha duración de aproximadamente 3-4 meses e plantexaranse diferentes opcións de dinamización do Concello de Mos como administración electrónica. Xa se realizou unha primeira fase de avaliación de necesidades e o 8 de maio iniciarase a fase de consultoría por departamentos, tras a que chegará a fase de formación que se prolongará dende o 15 de maio ata finais de xuño.
O alcance deste proxecto inclúe o servizo para implantación, uso e soporte dunha solución de administración electrónica para concellos, soporte técnico e actualización dos procedementos a nivel xurídico (atendendo aos cambios na lexislación) e dinamización do proceso.
A empresa adxudicataria deste servizo, contratada pola Deputación, é a número un en España e a que presta o servizo á maioría de concellos nos que se atopa implantada a administración electrónica.
A actual plataforma de Administración Electrónica do Concello de Mos precisaba da instalación da versión actualizada do programa e da implantación da mesma xeralizadamente en todos os departamentos do Concello.
O principal obxectivo do proxecto é a dinamización da Administración Electrónica dentro do Concello de Mos para conseguir unha participación masiva por parte do persoal do propio Concello, así como a actualización dos procedementos actuais e a implantación doutros novos.
Dentro da dinamización tamén existe a posibilidade de engadir novos procedementos administrativos aos departamentos para estender o seu nivel de penetración e conseguir un uso máis homoxéneo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149