Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 10 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O goberno de Ponteareas investiu 40.000 euros no Conservatorio para evitar entradas de auga e humidades

Realizouse a substitución dunha das cubertas do edificio, reformas nos baños e canalización exterior de recollida de augas pluviais.

O Concello de Ponteareas vén de dar por rematadas as obras que se desenvolvían no Conservatorio Municipal de cara a rematar cos problemas de filtracións de auga e humidades no interior das instalacións.


A solución proxectada dende a Oficina Técnica do Concello de Ponteareas, explica a concelleira de Ensino, Cristina Fernández, consistiu na retirada da  actual cuberta baixa para substituíla por unha nova, procedendo á impermeabilización do encontro da cuberta co módulo principal do edificio en todo o seu perímetro.


Os traballos, cun custe de preto de 40.000 euros foron financiados con fondos propios do Concello e o Plan Concellos da Deputación.


Doutra banda, tamén desenvolvéronse obras nos baños e no exterior do edificio do a fin de erradicar as permanentes humidades ocasionadas polas filtracións en días de choiva.


Era unha actuación necesaria, explicaba Cristina Fernández Davila, “de cara a acondicionalo para impedir a entrada constante de auga e humidades”. Con estes traballos, engade a concelleira, “o Goberno non fai máis que dar resposta as peticións da Comunidade Educativa que durante tanto tempo solicitou melloras nas instalacións desatendidas nos mandatos anteriores”.


Fernández Davila manifestou que esta é unha parte das obras necesarias para a mellora integral do edificio que acolle as clases do Conservatorio e a Escola de música municipais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.