MOS
A Subdelegada do Goberno realiza a súa primeira visita oficial a Mos
Ana María Ortiz asinou o Libro de Ouro do Concello e participou nunha mesa de traballo sobre asuntos de interese municipal de competencia de varios Ministerios.
![[Img #32439]](upload/img/periodico/img_32439.jpg)
A Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana María Ortiz Álvarez, estivo presente onte no Concello de Mos, na que foi a súa primeira visita institucional como Subdelegada a este municipio.
Ortiz foi recibida na Casa Consistorial mosense pola alcaldesa, Nidia Arévalo, o concelleiro de Vías e Obras e Alumeado, Luis Alonso, a concelleira de Educación, Participación Cidadá e Mobilidade, Kely Monzón, a concelleira de Política Social, Cultura e Turismo, e Persoal e Réxime Interno, Sara Cebreiro; a edil de Urbanismo e Medio Ambiente, Julia Loureiro e o de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto.
A Subdelegada do Goberno asinou no Libro de Ouro do Concello de Mos, no que tamén agradeceu por escrito “a boa acollida por parte do goberno local na miña primeira visita oficial a Mos e en especial da súa alcaldesa, Nidia Arévalo. Esperando voltar pronto a este magnífico Concello”.
Tras a recepción institucional, as autoridades presentes realizaron unha mesa de traballo sobre temas de interese para o municipio de Mos, centrada fundamentamente en asuntos pendentes de resolución por parte dos Ministerios de Fomento e de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente nos que a Subdelegada do Goberno, Ana María Ortiz, se comprometeu a intermediar para acadar a máis pronta consecución posible dos mesmos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149