Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 09 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
TUI

Tui recibirá este ano 1.003.000 euros do Plan Concellos 2017 da Deputación

O acondicionamento dos xardíns de Troncoso, a ordenación da rotonda de Guillarei ou a adquisión do Teatro Principal son parte dos proxectos presentados á institución provincial para o seu financiamento.

[Img #32444]

 

O Concello de Tui recibirá este ano 1.003.489,37€ do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra, o que supón un 5,37% máis que en 2016, cando xa se incrementara a contía nun 28% con respecto a 2015. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, xunto ao equipo de goberno tudense e a deputada Montserrat Magallanes, presentaron onte estes investimentos no salón de sesións da casa do concello de Tui.  Posteriormente visitaron as obras acometidas nas instalacións deportivas Álvarez Durán e no Centro Municipal de Remo con cargo ao Plan Concellos 2016.


O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou que dende o goberno municipal apostaron polo investimento dos fondos provinciais do Plan Concellos 2017 prioritariamente na mellora de espazos e infraestruturas públicas, en ensino, cultura, deporte...  E máis aló deste plan provincial anunciou tamén a próxima sinatura dun convenio coa entidade provincia para o investimento de 500 mil euros na humanización da estrada de Caldelas.


Pola súa parte a presidenta da Deputación, Carmela Silva, explícitou hoxe o compromiso da administración provincial con Tui, porque dicía é un dos centros relevantes de provincia e e o centro neurálxico do Camiño Portugués.  Ao tempo salientaba a aposta do seu goberno por facer que “o sur de Galicia e o Norte de Portugal poidan ter as infraestruturas que poidan converter a este territorio nun centro de desenvolvemento”.


O concello de Tui ao abeiro do Plan Concello 2017 solicitou 85.444,40€ para levar a cabo o acondicionamento dos xardíns de Troncoso, e 67.412,37€ para a ordenación da rotonda de Guillarei e o seu entorno co obxectivo de embelecer esta entrada ao casco urbano cun proxecto paisaxístico. Tamén se solicitaron 20.902,99 para a regulación con semáforos do cruzamento entre a rúa Calzada e a Avenida da Concordia.


Outro dos proxectos presentados á institución provincial é a adquisición do Teatro Principal, de cara a súa posterior rehabilitación, cun investimento de 30 mil euros, e unha intervención nas cubertas exteriores do cárcere vello e na ponte do Mosteiro en Pexegueiro cun orzamento de 28.296,74€ e de 3.458,69€ respectivamente.


O goberno municipal plantexa a reforma dos vestiarios nas instalacións deportivas Álvarez Durán cun orzamento de 69.889,60€, a ordenación do patio da Escola Infantil Galiña cun investimento de 67.412,37€, a reforma das instalacións do Conservatorio Profesional de Música, cun orzamento de 68.590,05 e a instalación dunha caldeira de pellets e emisores térmicos no antigo convento de Santo Domingo, onde ten a súa sede a aula da UNED, cun orzamento de 49.866,77€.


Outras actuacións previstas, grazas ao Plan Concellos 2017, son a instalación dun MUPI Dixital na praza da Inmaculada onde ofrecer información turística, cultural, deportiva... cun orzamento de 12.378,12€. Entre os proxectos presentados tamén ao Plan Concellos 2017 está a mellora da pavimentación de viais en Bouzabala, Figueira, Parceira en Baldráns, Curuxeiras en Rebordáns, Chans en Randufe e Circos en Pazos de Reis por un importe total de 144.825,82 €.  Tamén se solicitou a achega de 51.524,73€ para a creación dun módulo de 48 nichos no cemiterio municipal en Guillarei. E por outra parte contémplase a adquisición dunha motocicleta para a Policía Local, dun sonómetro,  dun equipo de medición, e de material e software informático cun investimento total de 86.947,78 €


Cómpre lembrar tamén a achega de 225 mil euros destínanse a contratación de 23 traballadores para diversos servizos dentro da liña 3 deste plan.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.219

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.