Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 11 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas abre un novo prazo de inscrición nas listas de substitución

As persoas que tiñan presentado xa a súa solicitude na convocatoria anterior, non terán que facelo de novo, pero poderán achegar nova documentación aos méritos xa alegados.

O Boletín Oficial da Provincia publicou, o pasado día 4 de maio, as bases xerais e específicas para a elaboración das listas de contratación de persoal laboral para o Concello de Ponteareas en diversas categorías. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 24 de maio.


Aquelas persoas que, no seu momento, xa presentaran a súa solicitude na anterior convocatoria, publicada no BOP do 31-10-2016 non terán que presentar nova solicitude xa que se incorporan, de xeito automático, a este proceso. Si poderán, en cambio, achegar nova documentación aos méritos xa alegados.


A intención do Goberno local de Ponteareas ao convocar esta bolsa de emprego, explica o alcalde Xosé Represas, é a de “cubrir as necesidades temporais no Concello por baixas, acumulación de tarefas ou xubilacións” á espera que os postos sexan cubertos de forma definitiva.


As categorías ofertadas para estas listas de substitución e a titulación esixida para cada unha delas son:

 

  • Axudante de Cociña.

Titulación: Certificado de Estudios Primarios ou equivalente

 

  • Oficial 1ª Cociña.

Titulación: Técnico Superior en dirección de cocina ou equivalente.

 

  • Auxiliar de Puericultura.

Titulación: Técnico Superior en Educación Infantil ou equivalente.

 

  • Auxiliar de Clínica.

Titulación: Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería ou equivalente.

 

  • Camareiro/a-limpador/a.

Titulación: Certificado de Estudios Primarios ou equivalente.

 

  • Condutor/a-Palista.

Titulación: Certificado de Estudios Primarios ou equivalente.

 

  • Peón Grumir.

Titulación: Certificado de Estudios Primarios ou equivalente.


Profesor/a de Música.
Titulación: Segundo a especialidade indicada nas bases ata un total de 15 especialidades


Con este proceso, matiza o alcalde Xosé Represas, o Goberno de Ponteareas “quere  garante a igualdade de oportunidades cun proceso de concorrencia competitiva con total transparencia”. Deste xeito, remata o alcalde ponteareán, “todos os veciños e veciñas terán a oportunidade de acceder a un posto de traballo en igualdade de oportunidades”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.