Jueves, 27 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 11 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva mantén unha reunión co número dous do Ministerio das Relaçoes Portuguesas

O Secretario de Estado das Comunidades Portuguesas, José Luís Carneiro, convida á Presidenta da Deputación de Pontevedra a participar coas súas propostas nun encontro internacional sobre a diáspora que terá lugar en decembro en Viana.

[Img #32493]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, foi recibida onte no Ministerio das Relaçoes Portuguesas polo Secretario de Estado das Comunidades Portuguesas, José Luis Carneiro, para avanzar na posta en marcha de liñas de colaboración entre a provincia pontevedresa e o país veciño. No transcurso da reunión, o número dous do Ministerio das Relaçoes Portuguesas convidou á Presidenta da Deputación a participar, con propostas propias, nun encontro sobre a diáspora e a emigración que terá lugar o vindeiro mes de decembro en Viana do Castelo .

 

Carmela Silva tivo a oportunidade de conversar co Secretario de Estado das Comunidades Portuguesas sobre a AECT Río Miño, a través da cal se pretenden fortalecer lazos de colaboración e proxectos comúns que permitan que ambos territorios a carón do Miño poidan ser un exemplo de traballo conxunto e de desenvolvemento. Ao respecto, a Presidenta provincial amosou a súa satisfacción “xa que vemos que esta é unha aposta clara do goberno portugués, así que agardo e reclámolle ao de España o mesmo compromiso e implicación en canto á AECT Río Miño”.

 

Durante a reunión tamén se abordaron cuestións relativas á diáspora xa que, en palabras de Silva, “tanto Galicia como Portugal son terra de emigrantes, incluso hoxe que estamos a vivir unha nova emigración produto dunha situación de crise e de falta de traballo”. Sobre esta cuestión, Silva asegurou que “o goberno portugués está a desenvolver un proxecto moi interesante de atención aos seus emigrantes no marco do cal me convidaron, como Presidenta da Deputación, a participar en Viana do Castelo nun encontro no que se vai abordar a aposta en materia de atención á emigración”.

 

Tamén en materia de emigración, Carmela Silva e José Luís Carneiro concretaron a posta en marcha dun evento “probablemente en Vigo – tal e como indicou a Presidenta provincial - onde tamén se van tratar cuestións relativas á atención á emigración, dando a coñecer as políticas migratorias que está a desenvolver Portugal e que teñen que servir de exemplo en España”.  

 

 

 

 

Carmela Silva amosa a súa satisfacción polo compromiso do goberno luso no impulso da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño

 

 

 

 

Pola súa banda, as infraestruturas entre a provincia de Pontevedra e o Norte de Portugal foron outras das cuestións abordadas no transcurso da reunión entre a Presidenta da Deputación e o número dous do Ministerio de Relaçaos Exteriores.  Máis polo miúdo, Silva fixo mención á “saída sur ferroviaria Vigo-Porto, que nos permitiría converternos nun dos principais polos de dinamización económica do Norte da Península Ibérica”. Ao respecto, a Presidenta da Deputación de Pontevedra engadiu que “Portugal fixo o seu traballo, co proxecto de electrificación do tren entre Porto e a fronteira española, e agora quédalle ao goberno español apostar pola comunicación ferroviaria con Portugal que nos permita que o territorio entre Porto e Vigo sexa un dos eixos que nos comunique con Europa”.

 

A Presidenta da Deputación tamén lle propuxo ao Secretario de Estado poñer en marcha dous encontros, en Portugal e na provincia de Pontevedra, para visibilizar o papel das mulleres traballadoras e profesionais portuguesas que exercen a súa actividade na provincia de Pontevedra e españolas que o fan en Portugal.

 

Xa para rematar a xornada, Carmela Silva foi recibida na sede da Asamblea da República Portuguesa polo deputado Paulo Alexandre de Carvalho Pisco, co gallo de promover e fortalecer as relacións entre a provincia de Pontevedra e Portugal.  Silva subliñou que “a mellor forma de celebrar o Día de Europa é apostar por impulsar redes de colaboración entre os países que conforman a Unión para promover sinerxías que permitan avanzar no desenvolvemento social, cultural, institucional e económico da Eurorrexión provincia de Pontevedra- Norte de Portugal”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.