Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Xornal21
Viernes, 12 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Empezan as reunións de traballo na sede da Eurocidade Monçao – Salvaterra

Este luns reuniuse por primeira vez na Sede Oficial  da Eurocidade o Equipo de Traballo formado polos Alcaldes, Concelleiros e Técnicos dos dous municipios, onde se estableceron as primeiras liñas a seguir no día a día da Eurocidade.


[Img #32497]Un dos primeiros puntos a tratar na reunión que mantiveron os integrantes da Eurocidade foi o de establecer o horario que estará aberta o público dita instalación, que será de luns a venres de 10.00 a 14.00h e as tardes do xoves de 16.00 a 18.00h. Neste intervalo o persoal que alí se encontra estará a disposición de todos os veciños e veciñas dos dous municipios, para dar información cultural, turística, etc.  Pero tamén servirá como punto de enlace para diversas cuestións relacionadas co propio día a día, como por exemplo informar da tramitación e pasos que teñen que dar os veciños dun municipio que traballan no outro, en fin, resolver os problemas diarios que nos podemos encontrar nas cuestións relacionadas co compoñente transfronteirizo.


Ademáis acordouse crear diversas comisións de traballo en diferentes áreas, como pode ser a cultural e deportiva, a de educación, xuventude, turísmo, desenvolvemento económico, medio ambiente.... co fin de ir preparando as novas candidaturas a fondos europeos, neste caso a 2ª convocatoria do POCTEP, e nesta liña seguirán nos próximos meses, xa que na primeira liña desta convocatoria enfocouse o proxecto ao propio funcionamento da Eurocidade e como primeiro paso a creación da progamación da primeira Semana da Eurocidade  que se centrará no mes de marzo, data simbólica, xa que foi un 29 de marzo do ano 1995 cando se inaugurou a Ponte Internacional, ese nexo de unión, esa rúa que nos leva dun Concello a outro en menos dun minuto e que serviu para fortalecer, se cabe máis, esa relación tan estreita entre estes dous pobos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.