MOS
Mos pon en valor o petroglifo de Louredo e un antigo poste do tranvía
Ambos recursos patrimoniais forman parte do Inventario do Patrimonio Cultural de Galicia.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, informaron onte de que o Concello de Mos finalizou os labores de recuperación do Petroglifo de Salgueirón en Louredo e dun poste da Catenaria da liña do tranvía Mondariz-O Porriño-Vigo para a posta en valor de ambos recursos patrimoniais mosenses.
As actuacións de posta en valor levadas a cabo inclúen a sinalización mediante a instalación dos dous paneis informativos, un xunto a cada un dos elementos patrimoniais.
Tanto o petroglifo como o poste do tranvía son recursos patrimoniais que forman parte do Inventario do Patrimonio Cultural de Galicia.
O poste do tranvía
No caso do poste do tranvía acometeuse un proxecto de posta en valor do único poste de catenaria conservado da liña de tranvía que pretendía comunicar a cidade de Vigo co Balneario de Mondariz. Esta liña, cuxa construción foi impulsada polo empresario e médico pontevedrés Enrique Peinador Vela (1847-1917), estivo en funcionamento entre os anos 1920 e 1967, malia que só se chegou a completar o tramo de Vigo a O Porriño.
Hoxe en día permanecen escasos restos materiais como testemuños da existencia deste liña. En efecto, o poste ó que nos referimos é un dos dous exemplares que se conserva da estrutura de soporte da catenaria do tranvía, hoxe totalmente perdida.
Mos é o único concello que conta con 2 postes da antiga liña do tranvía. Ningún outro concello polo que pasou este vehículo eléctrico conserva xa ningún poste, polo que a conservación e sinalización dun dos exemplares que aínda existen é algo a salientar.
Tratábase dun obxecto que ata o de agora estaba descontextualizado, situado na beira dunha vía secundaria que une as estradas N-120 e N-550, sen ningún outro elemento no ámbito máis inmediato que facilitara a súa comprensión ou fixera referencia á súa función orixinal.
O petroglifo de Louredo
O petroglifo do Salgueirón é unha pedra alongada cos ángulos redondeados. Situado na parroquia de Louredo, presenta unha superficie de representación plana. Os motivos que presenta son: coviñas de diversos tamaños, círculos simples e liñas sinxelas. Atópase afectado por un escunchado na parte sur ocasionado por un incendio forestal.
Xacemento situado a 362 metros sobre o nivel do mar, trátase dunha grande pedra
alongada que emerxe case 2 metros do chan na ladeira do Monte do Salgueirón, que lle dá nome. Trátase dun grande batólito granítico que presenta unha superficie gravada plana duns 3 metros por 1 metro. O panel do coñecido como petróglifo do Monte Salgueirón vai ser instalado, posto que tardouse en coñecer o nome popular dos gravados (A Pedra dos Cuncos). Precisamente na pescuda do nome tradicional destes gravados colaboraron a Asociación Festa da Prehistoria, a Comunidade de Montes de Louredo e a Agrupación Cultural A Cividade.
A posta en valor e sinalización de ambos elementos patrimoniais ten un custe de 4.546,46 euros íntegramente subvencionados pola Deputación de Pontevedra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149