PROVINCIA
Marín acollerá esta fin de semana o XII Trofeo Deputación de Pontevedra de natación sincronizada
A deputada de Deportes, Chelo Besada, lembrou que a institución provincial leva patrocinando este campionato dende os seus inicios hai 12 anos.
![[Img #32500]](upload/img/periodico/img_32500.jpg)
A deputada de Deportes, Chelo Besada, acompañada pola presidenta do Club de Natación Sincronizada de Pontevedra, Teresa Pérez Couselo e a adestradora Alba Quiroga, asistiu esta semana no Pazo Provincial á presentación do XII Trofeo Deputación de Pontevedra de natación sincronizada, que se disputará esta fin de semana en Marín. No acto tamén estivo presente o Capitán de Corbeta e Secretario da Escola Naval de Marín, Antonio de Ugarte Blanco, a quen a deputada quixo agradecer a súa disposición á hora de prestar as instalacións para a celebración desta e doutras competicións e sinalou que “de non ser por eles, ás veces estes campionatos non se poderían celebrar”.
Un total de 350 nadadoras e nadadores de idades comprendidas entre o 6 e os 18 anos participarán o vindeiro sábado 13 na duodécima edición do Trofeo Deputación de Pontevedrea de natación sincronizada. En concreto, en Marín daranse cita once clubs de toda Galicia: o Acuatic Oleiros, o Aguamarina, o CN Coruña, o CS Obradoiro, o Sporting Casino, o CNS Ourense, o CGalaicos, o CS Rías Baixas, o RCN Vigo, CNS Pontevedra e o CS Burbullas, estes cinco últimos da provincia de Pontevedra. Chelo Besada recalcou que a promoción do deporte, e sobre todo do deporte base, “é unha cuestión prioritaria para a Deputación de Pontevedra por todos os valores que fomenta” e lembrou que a institución provincial leva patrocinando esta competición dende os seus inicios hai 12 anos.
A competición distribuirase en dúas xornadas, unha pola mañá ás 10:45 horas, e outra pola tarde ás 17:00 horas. O campionato comezará polas rutinas de equipo e combinadas de Escola, categoría integrada polas nenas e nenos máis pequenos, que utilizan elementos auxiliares nos seus exercicios; e rematará coa participación dos equipos de Base IV, formados polas rapazas con mais experiencia e tempo de adestramento. A presidenta do Club de Natación Sincronizada de Pontevedra explicou que “aínda que este trofeo non puntúa si é un preludio das rutinas que se van presentar nos próximos campionatos galegos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180