Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 14 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán instala unha marquesina no Humberto Juanes

A cuberta, de 5 metros de lonxitude e 2'8 metros de ancho, tivo un custe de 2.867 € .

[Img #32517]

 

O Concello de Nigrán instalou esta semana unha cuberta na saída do colexio Humberto Juanes, na rúa Castelao, co obxectivo de protexer da choiva aos alumnos que aí agardan ao transporte escolar. Esta cuberta, cun custe de 2.867,70 euros, era unha petición reiterada da ANPA e toda a comunidade educativa e que o goberno se comprometera a realizar. A instalación realizouse este luns pola tarde, fora do horario escolar, co obxectivo de non perturbar a actividade lectiva. A marquesina, cunha estrutura de aluminio e cuberta de chapa de policarbonato de doble parede, ten  5 metros de lonxitude por 2,8 de ancho e 2 metros de altura.

 

"Concretamente, no colexio Humberto Juanes realizouse este ano unha obra para crear unha senda peonil segura de acceso ao centro e agora se completa coa marquesina para os nenos que empregan o autobús, tal e como nos tiñan solicitado dende a dirección do centro", sinala o alcalde, Juan González. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.